Por Galicia Confidencial | Cobobade | 08/04/2018 | Actualizada ás 22:30
O lío do máster da presidente de Madrid, Cristina Cifuentes, está provocando tensións no Partido Popular. A pesar da defensa pública dalgúns dos seus máximos dirixentes, incluído o propio Alberto Núñez Feijóo, que este mesmo xoves volvía defender a inocencia da líder do PP de Madrid, o certo é que cada vez son máis os militantes e cargos do seu partido que consideran que tería que deixar o seu cargo.
“Si alguien se tiene que ir a su casa, se debe de ir”, dicía este sábado o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, en clara alusión a Cristina Cifuentes. A través da súa conta de Facebook, un dos dirixentes novos con máis proxección do partido en Pontevedra, fixo pública unha opinión que comparten outros dirixentes en privado.
“Si. Defendamos a lo nuestro y a los nuestros. Pero si alguien se tiene que ira a su casa, se debe de ir. No estamos en política para defender lo indefendible”, escribía nas súas redes sociais. Unhas palabras que contrastan coa defensa que o propio Feijóo fixo de Cifuentes hai uns días, ou a do propio PP español que insiste en protexela.
CIFUENTES&QUINTEIRO
“Cansado, estamos cansados. #Regeneración”, concluída Cubela a súa mensaxe nunha clara chamada á “rexeneración” do PP para evitar, precisamente, que perdan influencia e apoios ante o ascenso de Ciudadanos. De feito, outros simpatizantes do PP compararon o caso da presidenta do PP de Madrid coa da deputada de En Marea, Paula Quinteiro, pola súa cerrazón á dimisión e destacaron que será difícil insistir en pedir a dimisión “de la de Podemos” se “hay otro caso igual en el partido”.
Jorge Cubela foi un dos rexedores máis novos que tivo o PP, xa que asumiu a alcaldía de Cotobade con 23 anos. Desde entón, o seu ascenso neste partido está sendo importante, tanto, que foi o encargado de organizar a gran romería que o PPdeG celebraba sempre en Soutomaior e que o pasado ano trasladouse, precisamente, á Carballeira de San Xusto, no municipio de Cerdedo-Cotobade, e ao que asistiu a plana maior do PP galego e o propio Mariano Rajoy.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.