Irene Montero, Podemos, sobre a dimisión de Merlo: "Somos exemplares"

A portavoz de Podemos no Congreso e 'número dous' do partido, asegurou este venres que é "evidente" que o deputado de En Marea Juan Merlo tiña que dimitir por inflar o seu currículo. Todos os grupos respectan a dimisión do deputado e Antón Sánchez (En Marea) diferénciao do caso Paula Quinteiro

Por E.P. | MADRID | 13/04/2018 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

Irene Montero asegurou este venres que é "evidente" que o deputado de En Marea Juan Merlo tiña que dimitir por inflar o seu currículo. Montero sinalou que o seu partido, cando cometen "un erro", o recoñecen e actúan de forma "exemplar".

Irene Montero en rolda de prensa no Congreso
Irene Montero en rolda de prensa no Congreso

Merlo tamén renunciou ao seu cargo de secretario de Organización na formación que lidera en Galicia Carmen Santos que, precisamente, atópase nunha reunión do partido morado en Madrid este venres. Irene Montero, en declaracións a La Sexta, indicou que Merlo "é unha persona que empezou a carreira pero non puido terminala porque tiña que axudar á familia, por iso abandoou os estudos".

"Pero se aparecían os estudos e non os fixo, tivo que facer o que era evidente. Fíxoo rápido e cun sentimento moi humano dicindo que non debería facelo", explicou Montero. Ao seu xuízo, esta forma de actuar demostra que Podemos é "un partido diferente que fai as cousas diferente". "Somos exemplares porque cando cometemos un erro recoñecémolo", salientou a portavoz parlamentaria.

RESPECTO DOS DEMAIS GRUPOS

Todos os grupos con representación na cámara galega mostraron o seu "respecto" á decisión de Juan Merlo, deputado de Podemos e membro do Grupo Parlamentario de En Marea. O viceportavoz de En Marea no Parlamento Galego, Antón Sánchez diferenciou este feito do que acontence coa compañeira de grupo parlamentario, Pilar Quinteiro. "Cremos que non hai dúas situacións iguais, e sobre a cuestión de Paula Quinteiro xa opinamos como grupo en diversas ocasións, hai aberto un expediente e xa veremos como conclúe" remarcou Sánchez.

Na rolda de prensa posterior á reunión da Mesa de Portavoces, onde se debatiu sobre a ruptura dunha fotografía do rei Felipe VI por parte dun deputado do BNG, Antón Sánchez mostrou o seu "respecto" pola decisión de Juan Merlo que "recoñeceu o seu erro". "El considera que debe dimitir, por tanto, o meu respecto ao seu traballo no Parlamento durante este tempo connosco".

Preguntado se este caso diferencia a Merlo do caso da presidenta de Madrid, Cristina Cifuentes, o líder de Anova, di que "o PP" non debe "marcar a "axenda de En Marea". "El reflexionou e actuou en base á súa opinión respecto desta cuestión e considera que esta é a saída que causa menos dano" dixo Antón Sánchez.

RESPECTO DE SOCIALISTAS E NACIONALISTAS

A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil, mostrou o seu "respecto" ás decisións que "toman outras forzas políticas". Na mesma liña se pronunciou o portavoz do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga quen di "respectar unha decisión" que "responde a unha reflexión persoal".

O voceiro do PPdeG no Parlamento, Pedro Puy, desexoulle "sorte" ao parlamentario de Podemos e parafraseou a Churchill para dicir "que a política é a única vida na que se pode morrer varias veces". Puy tamén destacou que tanto el como os demais parlamentarios do PPdeG que compartiron labores con Merlo sobre todo na comisión de pesca, destacaron que quen se vai "é un deputado que foi extremadamente respectuoso coas formas parlamentarias e que defendeu as súas ideas de maneira educada e adecuada ás formas parlamentarias".

MÁSTER DE CIFUENTES

Preguntado o voceiro popular sobre se esta decisión marcará o camiño de Cifuentes, Pedro Puy dixo que debe tomar "unha decisión ela". "Eu non vou dicir máis nada que parece que o señor Merlo decidiu el e que a señora Cifuentes debe decidir ela", remarcou Puy.

Finalmente Puy argumentou que cada persoa que ocupe un posto de responsabilidade ten que "analizar as circunstancias políticas, persoais e da contorna que establecen cada situación". "Eu non son quen de darlle consellos a ninguén" rematou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 FORA DA LEI

o cacharon, pero primeiro intentou non dimitir, pero desde o podreiro mandriles o tiñan collido nalgo, coa situación da ínclita dos mandriles a falsaria do manster no camiÑo da dimisión, pois non tiña a situación ademáis xa esta a deputada Vandalica e chuleta e outra faba negra e moito EN MANDRILES A XENTE ESTA QUE MORDE, (purga de errejonistas en Vallecas)... asi pois o sacaron, saiu do cubo do lixo o lixo, non e mais do que esta pasando, DESDE O CIRCULO DELICUENCIAL DO CALDEIRO SAUDANCHE OS CIDADANS EXEMPLARES DO PODREIRO - https://www.youtube.com/watch?v=V1P...

2 FORA DA LEI

o cacharon, pero primeiro intentou non dimitir, pero desde o podreiro mandriles o tiñan collido nalgo, coa situación da ínclita dos mandriles a falsaria do manster no camiÑo da dimisión, pois non tiña a situación ademáis xa esta a deputada Vandalica e chuleta e outra faba negra e moito EN MANDRILES A XENTE ESTA QUE MORDE, (purga de errejonistas en Vallecas)... asi pois o sacaron, saiu do cubo do lixo o lixo, non e mais do que esta pasando, DESDE O CIRCULO DELICUENCIAL DO CALDEIRO SAUDANCHE OS CIDADANS EXEMPLARES DO PODREIRO - https://www.youtube.com/watch?v=V1P...

1 Faraldo

Se sodes exemplares ,como é que mantedes a Paula Quinteiro ?