Peche no Concello de Santiago

Representantes da CIG-Ensino e persoal da Escola Municipal de Música prostestan así á espera dunha solución á súa situación laboral.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/05/2018 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

A CIG e traballadores da Escola Municipal de Música iniciaron un peche no Concello de Santiago para pedir que se manteñan os seus postos de traballo. Despois de que esta martes se abriran os sobres de contratación e a única empresa que se presentou ao concurso non incluíra a subrogación dos 24 traballadores do centro, celebrouse unha asemblea de urxencia na que se decidiu iniciar esta medida de protesta.

Peche da CIG no Concello de Santiago
Peche da CIG no Concello de Santiago | Fonte: CIG-Ensino

Delegados e delegadas da CIG-Ensino, xunto co persoal da Escola Municipal de Música de Santiago, agardan que o goberno municipal garanta a continuidade dos postos de traballo actuais. A CIG mantivo varias reunións co concelleiro de Educación Manuel Dios por este motivo, nas cales, segundo este sindicato, comprometeu por escrito a garantir a subrogación de todos os postos de traballo nas mesmas condicións e convenio actuais.

“Hai persoas, algunhas cunha antigüidade de 15 anos neste centro, que non saben que vai pasar coa súa situación laboral a dous meses vista”, apunta o secretario comarcal da CIG-Ensino, Rubén Fernández. Fernández agarda que o Concello de Santiago atope unha solución que permita desbloquear este conflito con brevidade.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta