Por Galicia Confidencial | Vigo | 06/07/2018 | Actualizada ás 18:22
O pianista británico James Rhodes actúa este sábado día 7 no Auditorio Mar de Vigo. Aproveitando a súa estadía na cidade galega, Rhodes decidiu aprender algo de galego e saudar en galego en Twitter a todos os galegos e tamén aos milleiros de seguidores que ten o músico nesta rede social.
"Este é o meu primeiro tuit en galego. Espero que non sexa un desastre. Encántame estar aquí e quería dicilo. Especialmente a comida", escribiu Rhodes en Twitter, na mañá de hoxe.
Este é o meu primeiro tuit en galego. Espero que non sexa un desastre. Encántame estar aquí e quería dicilo. Especialmente a comida 🙄
— James Rhodes (@JRhodesPianist) 6 de xullo de 2018
Que teñades un fermoso día 💜
Non só foi un xesto. Rhodes tamén demostrou o seu compromiso coas culturas non dominantes cando un usuario de Twitter lle recriminou que usase a lingua galega. "Pues que te siga el que sepa gallego. Adiós", díxolle o usuario Mardialón (@Mardialon65). Ao que Rhodes respondeu: "Adeus ao meu amigo ", mostrándolle que non vai deixar de usar a lingua galega pola intolerancia dalgúns.
adeus ao meu amigo 👋🏻
— James Rhodes (@JRhodesPianist) 6 de xullo de 2018
En Twitter, James Rhodes é toda unha estrela, con máis de 110.000 seguidores. Nado en Londres, o 6 de marzo de 1975, Rhodes é un pianista británico coñecido tamén polo seu activismo na denuncia sobre os abusos sexuais a menores. Desde 2017, reside en Madrid.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.