Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2018 | Actualizada ás 21:20
A Policía Local de Lugo localizou, após o aviso de Urbaser, a un cachorro de can abandonado nun colector de residuos orgánicos en Camiño de Romai.
Segundo informa a través dun comunicado, o can atopábase en estado de desatención e foi despois da chamada telefónica de Urbaser cando se deu co animal.
Polo momento, a Policía Local, que atendeu a este incidente na madrugada do martes, descoñece quen foi o autor do abandono do can.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.