Por Galicia Confidencial | Viveiro | 16/07/2018 | Actualizada ás 13:45
A campaña 'O galego crea ambiente' pasou polo Resurrection Fest, un dos maiores eventos musicais da Península Ibérica e referente consolidado na escena do rock a nivel internacional. Un espazo perfecto para o fomento da lingua propia e para coñecer como xentes de todas as idades e condicións usan e promoven o idioma galego.
Velaquí o vídeo publicado por Política Lingüística.
A campaña baséase na idea de que a lingua é un dos alicerces do desenvolvemento sustentable. Forma parte do noso patrimonio, xunto coa cultura, a paisaxe ou a biodiversidade. Un patrimonio que cómpre coñecer e valorar, transmitíndoo e dándolle vida co uso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.