Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2018 | Actualizada ás 11:44
Un helicóptero da Garda Civil, así como varias patrullas da comandancia de Lugo, participan nunha operación contra a delincuencia común.
Dentro do operativo, do que informan fontes da investigación, atópanse incursas varias comandancias da Garda Civil. O foco céntrase na cidade de Lugo, onde se están producindo detencións e rexistros.
Algunhas testemuñas sinalan á rúa Nazario Abel, onde se atopan patrullas do corpo benemérito, así como un helicóptero que está a asucar o ceo lucense para velar polo bo desenvolvemento do operativo. Estas mesmas fontes puntualizan que a operación ten que ver coa delincuencia común e que dentro dela interveñen varios cuarteis, tamén de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.