A Xunta reclamará os "200.000 euros" de gasto sanitario do Marisquiño

O Goberno galego solicitará tamén ser incluído na causa xudicial que se leva en Vigo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2018 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou que o Goberno galego solicitará ser incluída na causa que leva o Xulgado de Instrución número 3 de Vigo sobre o accidente ocorrido na celebración do festival do Marisquiño, o pasado 12 de agosto, no que resultaron feridas 467 persoas.

Feridos no accidente do Marisquiño
Feridos no accidente do Marisquiño | Fonte: Miguel Núñez

Ao comezo da súa comparecencia a petición propia no Parlamento de Galicia, Rueda explicou o dispositivo que se activou aquela noite, antes de abordar como tal da celebración do festival de acordo coa Lei de espectáculos públicos de Galicia (que entrou en vigor hai uns meses). Así, describiu o despregamento sanitario do 061 e indicou que o custo alcanza os 200.000 euros, para os que a Xunta persoarase no xulgado co fin de reclamar unha indemnización por esta contía a quen corresponda.

O vicepresidente da Xunta, que destacou a "actuación impecable" dos efectivos sanitarios, tamén indicou que concedeu os reforzos solicitados polo xulgado para investigar esta causa e avanzou que tamén responderá de forma positiva se se reclaman outros apoios duranten a instrución da causa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta