Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2018 | Actualizada ás 14:00
A Xunta asumiu a custodia do bebé de 16 meses mentres se investiga se foi unha inxesta accidental ou existiu unha facilitación directa da droga. Pola súa banda, a nai recorreu esta medida, argumentando que o neno puido coller a sustancia por erro do chan cando se atopaban nunha zona de terrazas en Vilalba.
Balseiro explicou que é "un tema que está baixo supervisión xudicial, polo que a Xunta actuará en consecuencia ao que se determine desde o xulgado".
Foi o pasado martes de madrugada cando a nai e a súa parella comprobaron que o bebé comezaba a actuar de forma estraña e sufría espasmos, polo que decidiron levalo ao centro de saúde de Vilalba, de onde foi trasladado ao HULA.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.