Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/10/2018 | Actualizada ás 14:33
O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, dixo que o seu partido poderá cambiar a coñecida como Lei de acompañamento no referido á nova figura estatutaria de pediatría, pero só se dan froitos as conversas entre o Sergas e os colectivos afectados.
Unha decisión que chega logo das numerosas protestas do sector da sanidade e tamén da oposición. En roda en de prensa, e ante as críticas, Pedro Puy lembrou que se abriu un debate ao redor da situación de pediatría --este mesmo luns hai reunións--. "Evidentemente, o Grupo Popular ten capacidade de emenda tamén e está aberto a calquera resultado das conversacións con asociacións e con institucións que representan aos pediatras, que permitan corrixir unha norma que vai dirixida a garantir a atención pediátrica", expresou o dirixente popular.
Ademais, Puy sostivo que a Xunta o que pretende é "cubrir unha demanda necesaria para que todos os nenos teñan a mellor atención pediátrica". "Pódese mellorar a lei", concedeu o parlamentario popular, quen confiou en que non haxa que chegar a unha "supresión" desta cuestión para un posterior debate.
Puy defendeu que se está "facendo un esforzo para atender a todos os nenos" e esta decisión vai na liña de que "todos os nenos teñan atención pediátrica" e lembrou que unha das demandas da Xunta nos últimos anos foi ampliar o número de prazas MIR en especialidade de pediatría, pero "non tivo éxito" por parte do Goberno central, que até é mes de xuño dirixiu Mariano Rajoy.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.