Auxiliado en Pedrafita un autobús atrapado na neve con 33 persoas

O condutor avisou ao 112 e permaneceu inmobilizado na calzada aproximadamente unha hora.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 29/10/2018 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Lugo auxiliou preto das 20,00 horas deste domingo a un autobús que se atopaba atrapado na estrada provincial LU-P-1301, ao seu paso por Pedrafita do Cebreiro, a causa do temporal de neve, con 33 persoas no seu interior.

Autobús atrapado na neve en Pedrafita do Cebreiro. Guardia Civil
Autobús atrapado na neve en Pedrafita do Cebreiro. Guardia Civil | Fonte: Europa Press

O autobús regresaba a Lugo desde a localidade de Seoane tras realizar unha actividade organizada por un colectivo ecoloxista, cando foron sorprendidos polo temporal de neve. Outros usuarios da vía advertiron ao condutor de que non podía continuar viaxe, pois a estrada estaba intransitable nese momento para ese tipo de vehículo pola estreiteza e pendente da vía, a pesar do paso dunha quitaneves.

Ante a imposibilidade de seguir e a falta de alternativas por parte do condutor, este avisou ao 112 e permaneceu inmobilizado na calzada aproximadamente unha hora.

Os axentes evacuaron os 32 pasaxeiros a un lugar seguro e, posteriormente, axudaron o condutor a realizar unha manobra de cambio de sentido sobre a vía. Unha vez logrado situar o autobús en zona segura, continuou a marcha escoltado e cos seus pasaxeiros até Seoane.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta