Por Galicia Confidencial | | 27/11/2018 | Actualizada ás 14:12
Un dos piares estruturais da Asociación Española de Basuras Marinas (AEBAM) é dar cabida á maior parte de entidades e persoas interesadas, chegando a todo o territorio estatal. Por iso, decidiuse poñer a disposición o Decálogo cidadán contra os lixos mariños en todas as linguas oficiais.
A AEBAM vén de publicar o décálogo en galego, éuscaro e catalán, buscando a adhesión de máis axentes contra as verteduras no mar de plásticos, madeira, metais, vidro, goma, teas, papel...
Os lixos mariños son un dos grandes retos ambientais globais aos que nos enfrontamos nos próximos anos, sendo ademais un problema que afecta a maioría de países en maior ou menor medida, independentemente de onde se orixinen os residuos.
O decálogo pretende implicar a cada vez un maior sector da sociedade e busca alertar sobre o problema, ofrecer unha serie de accións a modo de recomendacións que os cidadáns poden emprender para reducir a cantidade de residuos que chegan aos mares.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.