Posibles casos de abusos sexuais en Lugo con burundanga

A Policía detivo xa a dous mozos por abusar dunha moza en Lugo, que se espertou nunha pensión sen lembrar "nada".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2018 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional detiveron a dous mozos como presuntos autores dun delito de abusos sexuais, con agresión sexual, a unha moza de 25 anos na noite do venres ao sábado en Lugo.

Noite de marcha
Noite de marcha | Fonte: EP

Segundo confirmaron fontes policiais, os dous mozos foron detidos este domingo despois de que unha moza presentase unha denuncia na Comisaría da Policía Nacional. A moza manifestou, segundo apuntaron as mesmas fontes policiais, que estivo no centro "de copas", e ás 3,00 horas, sen lembrar "nada", apareceu na habitación dunha pensión da zona centro da cidade de Lugo.

Segundo publica 'La Voz de Galicia', outra moza de 27 anos acudiu tamén durante esta fin de semana ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) con síntomas coincidentes con tomar algunha sustancia similar á coñecida como burundanga.

Neste caso, concreta o diario, presentaba unha forte dor de cabeza, entre outros síntomas que a levaron a demandar asistencia sanitaria, e tampouco era consciente do que lle ocorreu durante varias horas da noite anterior, en que saíra de copas.

A Comisaría da Policía Nacional de Lugo, aseguraron fontes policiais, recibiu unha denuncia por supostos abusos sexuais esta fin de semana con posible presenza dalgunha sustancia como a burundanga para facer perder o coñecemento, debido ao que foron detidos dous mozos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta