Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2018 | Actualizada ás 17:35
O vento alcanzou este martes refachos de intensidade máxima de 158,3 quilómetros por hora no municipio de Carballeda de Valdeorras (Ourense) e a choiva deixou máis de 55 litros por metro cadrado en Rois (A Coruña).
Así consta nos datos publicados por Meteogalicia, recollidos por Europa Press, até as 17,00 horas, cando xa se desactivaron os avisos por vento nas provincias de Pontevedra, A Coruña, A Mariña e centro de Lugo, así como na montaña ourensá e luguesa.
En localidades con altitude inferior aos 900 metros, rexistráronse durante a mañá 143,3 quilómetros por hora en Viveiro (Lugo), 136,7 en Cedeira (A Coruña), 134,9 quilómetros por hora en Vimianzo (A Coruña), mentres que en Cuntis (Pontevedra) alcanzáronse os 128,3 e os 119,6 en Abadín (Lugo).
Mentres, en zonas con altitude maior de 900 metros, o vento deixou refachos máximos de 158,3 quilómetros por hora en Carballeda de Valdeorras (Ourense) ás 13,10 horas, de 108,9 en Cervantes (Lugo) e de 105,7 na Veiga (Ourense).
CHOIVA
Pola súa banda, a choiva deixou, en zonas de menos de 900 metros de altitude, 55,2 litros por metro cadrado no municipio de Rois (A Coruña) até as 17,00 horas deste martes, 49,4 na localidade coruñesa de Lousame, 46,7 en Zas (A Coruña), 45,6 en Cotobade (Pontevedra) e 43,9 en Santa Comba (A Coruña).
En zonas altas, de máis de 900 metros de altitude, os rexistros de Meteogalicia até as 17,00 horas apuntan 30,9 litros por metro cadrado en Rodeiro (Pontevedra), 27,3 en Vilariño de Conso (Ourense), 26,2 en Muíños (Ourense) e 22,9 en Pedrafita do Cebreiro (Lugo).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.