Vigo acollerá este xoves unha gran manifestación "pola dignidade da Atención Primaria"

Esta mobilización está apoiada por multitude de colectivos e asociacións profesionais.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 26/12/2018 | Actualizada ás 20:56

Comparte esta noticia

Un colectivo de profesionais sanitarios de Atención Primaria da área de Vigo convocou para este xoves unha manifestación baixo a lema 'Pola dignidade da Atención Primaria' que sairá ás 20,00 horas do PAC —situado no antigo Hospital Xeral— e percorrerá a rúa Pizarro até a Praza de España, baixará a Gran Vía e despois Urzáiz até a rúa do Príncipe.

Manifestación en Vigo a prol da Sanidade pública
Manifestación en Vigo a prol da Sanidade pública | Fonte: Miguel Núñez

Esta mobilización, apoiada por multitude de colectivos e asociacións profesionais como o Colexio de Médicos, xorde por mor da dimisión en bloque de 22 xefes de servizo e de unidade de Atención Primaria de todo a área sanitaria de Vigo, á que xa se sumaron outro tres facultativos.

En total, a día de hoxe, dimitiron 25 dos 31 xefes de Primaria alegando a "sobrecarga", "saturación" e "falta de material" coa que teñen que lidar nas súas consultas. "Estivemos organizando as carencias da sanidade pública, pero non se pode organizar a miseria", asegurou Luciano Garnelo, do centro de saúde Pintor Colmeiro, cando presentaron as dimisións o pasado día 10.

Toda a oposición ao Goberno de Alberto Núñez Feijóo participará na manifestación. Luís Villares de En Marea, Gonzalo Caballero do PSdeG e Ana Pontón do BNG confirmaron a súa presenza na mobilización que tamén contará cos médicos da PAC de Vigo, que levan un ano reivindicando a "saturación" deste servizo de urxencias extrahospitalarias.

Todos os sindicatos con representación na área sanitaria de Vigo apoian a mobilización deste xoves, do mesmo xeito que mostraron o seu apoio ás dimisións dos xefes de servizo. Entre as súas demandas está a recuperación das "estruturas de xestión" de Primaria e o aumento do orzamento de tal forma que se ofrezan contratos estables a máis médicos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

O malo das manifas é que sempre hai algún "cabrón" que as capitaliza coma súas... Como fixo Abel Caballero coa última gran manifestación a prol da Sanidade Pública de 2015, que serviulle para facer un parking e poñer verde a Feijoo durante 4 anos! Vendéndonos a moto de que a súas políticas son diferentes ao neoliberalismo de Feijoo! https://flic.kr/p/xUw7fA Iremos á manifestación en apoio aos valentes demisionarios que puxeron pé en parede dunha vez ante as miserias do Sergas... Se esto se fixera hai 5 anos as cousas estarían moito mellor a día de hoxe... O problema sempre foi o "calaboracionismo" e diso temos dabando en Galicia !!!