Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2019 | Actualizada ás 19:45
Adif licitou o contrato de subministración e transporte de balasto para a renovación do tramo de Ourense-Monforte-Lugo nesta liña ferroviaria. Esta licitación súmase ás actuacións xa en marcha para a supresión de 36 pasos a nivel no tramo e a electrificación do traxecto Monforte-Lugo.
O Ministerio de Fomento destaca que se cumpre coa mellora do trazado existente entre Ourense e Lugo, co fin de levar os servizos de alta velocidade ferroviaria ata a capital lucense. O investimento total deste contrato de subministración e transporte de balasto, pendente de autorización do secretario de Estado de Infraestruturas, alcanza os 12,5 millóns de euros (IVE incluído).
Tamén están en fase de redacción os proxectos de electrificación do tramo Monforte-Lugo (70 quilómetros). Deste xeito conseguirase un incremento na potencia de tracción das circulacións ferroviarias e, xa que logo, a redución dos tempos de viaxe entre Ourense e Lugo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.