Temas: LUGO XABARIL

Gaiolas para capturar xabarís na cidade de Lugo

O Concello de Lugo confirma o inicio dos traballos de roza en leiras de titularidade pública para frear a presenza deste animal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2019 | Actualizada ás 16:21

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia instalará nos próximos días dúas gaiolas en varios puntos das inmediacións da cidade de Lugo para intentar frear a presenza de xabarís na contorna urbana. Así o avanzou este luns o delegado do Goberno galego na provincia, José Manuel Balseiro.

Caza, Xabaril
Caza, Xabaril

Os técnicos serán os que decidan en que zonas se colocarán, pero en todo caso será naquelas que son de paso para estes animais e nas que resultaría moi perigoso utilizar armas de fogo.

Polo momento, tanto por parte do Goberno como do Concello de Lugo xa se acometeron algúns labores de limpeza de leiras, que suporían un refuxio para estes animais.

Este anuncio prodúcese cando se multiplica a presenza de xabarís na cidade, como este domingo pola noite en que se advertía a presenza de tres destes animais na zona de Fonte dos Ranchos, nun enclave próximo ao centro da cidade.

Tamén hai constancia de vídeos en redes sociais que constatan a presenza dos porcos salvaxes na contorna do vello Hospital Xeral Calde, no barrio da Residencia.

ROZA

Sobre estes feitos, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, confirmou o inicio dos traballos de roza naquelas leiras de titularidade pública, co fin de frear a afluencia de xabarís na cidade amurallada, que se moven "sen medo", comentou, pola contorna urbana.

Méndez asegurou que se comezou a "actuar" (rozando terreos de titularidade municipal), e recordou que a competencia para combatelos é da Xunta de Galicia.

"Empezouse a actuar, e estamos a expensas de que de resultado. Ésta é unha situación que estamos a vivir en moitos lugares da xeografía galega. Demóstrase, con iso, unha falta de xestión por parte da Xunta de Galicia, pola planificación do monte. E isto son consecuencias que estamos a sufrir, intentaremos palialo pero quen ten as competencias é a Xunta", reprochou.

Temas: LUGO XABARIL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta