Obxectivo: acabar coas verteduras contaminntes no río Barbaña, afluente do Miño

O subdelegado do Goberno na provincia de Ourense propón a creación dunha comisión permanente para atallar a problemática.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 21/01/2019 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

O subdelegado do Goberno na provincia de Ourense, Emilio González Afonso, propuxo a creación dunha comisión permanente para atallar a problemática da contaminación no río Barbaña, afluente do Miño.

Río Barbaña contaminado
Río Barbaña contaminado | Fonte: Ourense en Común.

A medida foi posta sobre a mesa durante a reunión celebrada este luns na que, ademais de González Afonso e outras personalidades, participou o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga.

Este último informou sobre o proxecto —dotado con 16 millóns de euros— impulsado pola CHMS para solucionar un problema de verteduras contaminantes que desde hai anos padece o río Barbaña ao seu paso por Ourense.

Segundo José Antonio Quiroga, a iniciativa, que xa arrincou, dará "un salto cualitativo" a partir do próximo mes de febreiro, cando avanzará cara a unha segunda fase que permitirá "dar unha solución inicial" ás verteduras.

Con todo, o presidente da CHMS insta a implicarse a "todas" as administracións, especialmente no referente á "concienciación", para evitar novos episodios contaminantes no Barbaña.

Pola súa banda, segundo informa a Subdelegación do Goberno, as asociacións veciñais e ecoloxistas participantes na reunión deste luns aplaudiron a iniciativa e reclamaron ás institucións a que impulsen solucións "a curto prazo" a través dun traballo "dinámico e coordinado".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta