Por E.P. | LUGO | 22/01/2019 | Actualizada ás 13:48
A Policía Nacional detivo a cinco mozos, catro deles menores, integrantes de dúas bandas, como autores de roubos con forza en 17 coches en garaxes en Lugo nos que forzaban os dispostivos magnéticos para poder entrar.
Segundo informou a Policía Nacional, os arrestos enmárcanse nun operativo especial para o esclarecemento de roubos en garaxes de diferentes rúas da cidade, que ocasionaron, ademais, danos en vehículos.
As detencións leváronse a cabo tras a sucesión dunha serie de roubos con forza no interior de vehículos aparcados en garaxes, "con similar patrón delituoso", matizou a Policía, que consistía en "forzar a chave magnética que dá acceso". Así, forzaron nove vehículos, abundou a Policía.
As pescudas centráronse nuns sospeitosos. Deste xeito, foron localizadas tres persoas --de 21, 17 e 16 anos-- a bordo dun coche, aos que se lles interveu un televisor, un portamoedas clasificador, así como outros obxectos produto dos roubos.
OUTRAS DETENCIÓNS
O maior de idade pasou a disposición xudicial e os menores foron entregados aos seus proxenitores coa obrigación de acudirse ante a Fiscalía de Menores cando sexan requiridos. As outras dúas detencións producíronse tras recibir unha chamada de que se estaba producindo un roubo nun garaxe na zona norte da cidade. Ante a chegada dos axentes, os delincuentes fuxiron á carreira, tras o que foron interceptados.
Entre as súas pertenzas achóuselles material roubado como pen-drive, dous altofalantes inalámbricos, un chisqueiro electrónico e unha lanterna de oito vehículos forzados.
Destas dúas detencións --de dous mozos de 16 e 17 anos-- deuse conta á Fiscalía de Menores, sendo entregados os mozos aos seus proxenitores. Neste operativo interviñeron axentes do Grupo de Radio Patrullas e do Grupo II de Policía Xudicial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.