Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2019 | Actualizada ás 13:53
Dous alumnos dun instituto, un mozo e unha moza de 15 anos de idade, foron atropelados á primeira hora da mañá nun paso de peóns de Lugo cando se dirixían a clase.
O suceso produciuse ás 08,30 horas deste venres nun paso de peóns da Rúa da Saúde na esquina coa rúa Serra de Outes, segundo precisaron a Europa Press fontes da Policía Local de Lugo.
Os adolescentes resultaron feridos e tiveron que ser trasladados ao Hospital Lucus Augusti. O condutor do vehículo deu negativo na proba de alcoholemia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.