O Entroido Ribeirao e o Oso de Salcedo, os "máis singulares" da provincia de Lugo

A Deputación provincial pon en valor estas dúas festas, das que destaca o seu carácter "ancestral" e a súa repercusión "a nivel local, galego e nacional".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2019 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, presentou este martes os "entroidos máis singulares" da provincia cos que colabora esta entidade. Así, poñerá en valor o Entroido Ribeirao, en Chantada, e o Oso de Salcedo, na Pobra do Brollón.

DARÍO CAMPOS, PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE LUGO, PRESENTA O ENTROIDO
DARÍO CAMPOS, PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE LUGO, PRESENTA O ENTROIDO | Fonte: Europa Press

Para a celebración do primeiro, a Deputaicón destina 3.000 euros. Trátase dunha cita que ten lugar os días 17 e 24 de febreiro e o 3 e o 5 de marzo, na parroquia de Santiago de Arriba.

Pola súa parte, o Oso de Salcedo chegará o 4 de marzo, luns de Entroido.  O personaxe que lle dá nome á festa é coñecido por ir vestido con peles e cuberto cunha máscara. Acompañado dunha ducia de criados, esta figura "ancestral", sairá tras 'Os Cantos de Cego' para perseguir a visitantes e manchalos de cinza, barro e carbón.

O presidente provincial destaca que son dous dos entroidos "máis ancestrais de Galicia e dos máis representativos da provincia e da comunidade". O que se pretende é "conservar o patrimonio inmaterial do entroido e "dar as grazas aos veciños por manter viva unha tradición", valora Campos.

"Ademais tratamos de dinamizar a economía e o turismo da provincia. Son dous entroidos que teñen moita repercusión, tanto a nivel local como galego e mesmo nacional. O que queremos é polos en valor", subliñou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta