Por E.P. | A CORUÑA | 14/03/2019 | Actualizada ás 18:21
A presidenta do PP da Coruña e candidata á Alcaldía herculina, Beatriz Mato, presentou este xoves o proxecto da 'Cidade Deportiva de Penamoa', que xa avanzou a semana pasada a máis de 60 entidades e clubs deportivos da cidade.
En rolda de prensa, expuxo que se trata dunha nova dotación deportiva que incluiría un pavillón polideportivo multiusos con capacidade para 2.500 espectadores; un centro de tecnificación e alto rendemento e seis campos -catro en Penamoa e dous en Bens- dedicados ao fútbol e ao rugby, entre outras propostas deportivas.
"Converter o que foi unha zona de tráfico de drogas nunha gran cidade deportiva paréceme un bo proxecto de cohesión social e de impulso dunha área", sinalou Beatriz Mato, na presentación.
Por outra banda, dixo que "non é a cidade deportiva de Bea Mato, nin a cidade deportiva do PP". "É o resultado dun proceso de elaboración dun proxecto común no que se investiron moitas horas en escoitar aos clubs e entidades", manifestou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.