Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/03/2019 | Actualizada ás 17:22
O traballador de Alcoa detido este xoves durante a concentración convocada polos sindicatos da empresa nas inmediacións do Congreso dos Deputados foi posto en liberdade, segundo confirmaron a Europa Press fontes próximas ao comité de empresa.
A persoa detida formaba parte do persoal da planta de Alcoa na Coruña. Tras ser detido, arredor das 12 horas, a Policía levouno a tomar declaración á sede da Brigada Provincial de Información da Policía Nacional en Moratalaz. Logo de finaliar a concentración, sobre as 13,30 horas, unha delegación de traballadores acudiu ata ese lugar para reclamar a posta en liberdade do seu compañeiro e a esperar a súa saída de comisaría.
Segundo informaron estas fontes, a Policía identificou ao presidente do comité de empresa, Juan Carlos Corbacho, e ao secretario xeral de Industria de CC.OO. de Galicia, Víctor Ledo, tras preguntarlles se acudiran á concentración fronte ao Congreso.
CONCENTRACIÓN CON INCIDENTES
Durante a protesta convocada polos sindicatos, que se situou entre Neptuno e a Plaza de las Cortes, onde estaba un cordón policial, varios traballadores lanzaron petardos e mostraron bengalas, accións recriminadas en máis dun momento polos axentes. Nun momento dado, sobre as 12 horas, producíronse empuxóns entre policías e traballadores, varias persoas acabaron reducidas no chan por parte dos axentes, excedeuse o cordón policial e derrubáronse valos.
PROTESTAS DE DEPUTADOS
Nese momento atopábanse na manifestación varios deputados de Unidos Podemos, que trataron de mediar cos axentes, rexistrándose entón momentos de tensión. Un dos policías chegou a encararse con Antón Gómez-Reino, deputado do grupo confederal. Entre as persoas ás que os axentes reduciron no chan atopábase o secretario xeral de Industria de CC.OO., Agustín Martín, ao que o deputado de Podemos Rafa Mayoral e o candidato de EU por Madrid Enrique Santiago leváronse para evitar a súa detención.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.