Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 15/05/2019 | Actualizada ás 20:03
A candidata de En Marea ás eleccións europeas, Lidia Senra, reclamou este mércores a revisión das cotas pesqueiras comunitarias, tras unha reunión mantida con representantes da Confraría da Coruña.
Durante o encontro, Senra explicou que neste mandato no Parlamento europeo, como eurodeputada, reclamou a revisión das cotas que se asignan aos Estados e dos criterios que se aplican para a repartición. "A pesca artesanal galega non ten cotas dignas suficientes para sobrevivir", denunciou. Ademais, comprometeuse, no caso de obter de novo o escano, a volver reclamar no Parlamento europeo que a pesca artesanal teña un trato "diferenciado".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.