Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 31/05/2019 | Actualizada ás 15:22
A deputada de En Común Unidas Podemos Yolanda Díaz non quixo valorar o polémico 'tuit' de Xosé Manuel Beiras sobre a orixe do termo Compostela, pero si indicou que "a cidadanía en democracia vota o que estima e, desde logo, hai que respectar democraticamente a todo o mundo".
En concreto, foi preguntada sobre unha publicación do histórico dirixente nacionalista na súa conta de Twitter na que se refería a os resultados das pasadas eleccións municipais mencionando unha teoría sobre a orixe terminolóxica de Compostela como "depósito de restos humanos en descomposición".
"Creo que ten que dar cumprida resposta Beiras sobre o que ten afirmado, a min non me compete dicir nada máis sobre este extremo", resolveu Yolanda Díaz na Coruña
E é que o comentario suscitou numerosas críticas e respostas negativas por parte de usuarios desta rede social, que lle esixiron desculpas polas súas alusións á cidade.
"Hai anos, don Ramón Otero Pedraio explicoume que a etimoloxía de Compostela non era Campus Stellae (Campo da estrela), senón un derivado de 'compositum' (depósito de restos humanos en descomposición). As pasadas eleccións municipais confirmárono", dixo no polémico tuit.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.