Por Europa Press / Redacción | | 12/06/2019 | Actualizada ás 13:44
Dende o colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita denuncian "a censura no Parlamento de Galicia" logo de que este mércores se lles prohibira o acceso aos 13 representantes por levar postas as camisolas co logo de Enfermeiras Eventuais en Loita.
A presenza do colectivo no Parlamento estaba relacionado cunha invitación do Grupo Parlamentario PSdeG para seguir o debate dunha iniciativa parlamentaria respecto da eventualidade e precariedade na contratación das enfermeiras no Servizo Galego de Saúde.
Segundo relatan dende o colectivo, o acceso ao Parlamento estivo precedido de ata catro controis de identidade e foi xusto na entrada á Tribuna de Invitados cando os servizos de seguridade advertiron da prohibición de portar as camisetas reivindicativas, polo que se viron obrigados a darlles a volta ou tapar a camiseta para poder acceder.
"O Parlamento de Galicia escudarase, coma noutras ocasións, no Artigo 109, pero negar as reivindicacións do pobo na institución que o representa, é negarlle o dereito á democracia", denuncian.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.