Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 15/06/2019 | Actualizada ás 13:27
O Partido Popular inviste o nacionalista Xoán Castaño como alcalde de Catoria (Pontevedra) e pon fin aos 30 anos de mandato do socialista Alberto García. En concreto, o acordo prodúcese despois de que o xa ex-alcalde socialista perdese a maioría absoluta —situada en seis edís— ao obter só cinco. Os nacionalistas foron a segunda lista máis votada, empatada a tres concelleiros co PP.
Finalizado o pleno de constitución da nova corporación, o portavoz do PP local, Iván Caamaño, asegurou que investiron o candidato do BNG coa "condición" de que en "30 días" se organice un goberno no que estean tanto populares como nacionalistas ao entender que o Bloque "non pode gobernar só con tres edís".
"Cando se celebre ese pleno, nós agardamos que podamos gobernar xuntos PP e BNG, para demostrar que esta unión pode facer moito camiño para levantar Catoira, para conseguir unha Catoira para todos", sinalou.
Ademais, o portavoz do PP local asegurou que o acordo conta co visto e prace da dirección provincial do PP provincial e o seu presidente, Alfonso Rueda, de quen asegurou que "deu unha lección ao permitir que o PP sente co BNG" polo ben de Catoira.
DESAUTORIZACIÓN DA DIRECCIÓN DO BNG
Con todo, a propia portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, desautorizou nas pasadas semanas á portavoz do Bloque en Catoria para establecer negociacións cos populares.
Precisamente, preguntado por se a súa decisión de pactar co PP lle suporá medidas disciplinarias por parte da dirección do Bloque, Xoan Castaño rexeitou entrar a valorar posibles consecuencias e enmarcou a súa toma de posesión no ben do municipio.
Pola súa banda, o xa ex-alcalde, Alberto García, cualificou de "pacto contra natura" o alcanzado neste municipio pontevedrés e asegurou que "se carga" o acordo entre o Bloque e o PSdeG "a nivel Galicia".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.