A deputada de En Marea Flora Miranda deixará o Parlamento despois da ruptura do grupo

Miranda, que finalizará este período de sesións, declara que "o fracaso é colectivo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2019 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

A deputada de En Marea Flora Miranda anunciou que deixará a súa acta no Parlamento de Galicia cando finalice o período de sesións. Esta decisión débese á fractura do grupo parlamentario, anunciada este xoves polo ata agora portavoz, Luís Villares, que se vai ao mixto xunto co seu tres deputados afíns (Paula Vázquez Verao, Pancho Casal e Davide Rodríguez".

Desvelouno a través do seu perfil na rede social Facebook publlicado pouco máis dunha hora despois de que o portavoz de En Marea, Luís Villares, desvelase que tanto el como outro tres deputados iranse ao grupo mixto da Cámara autonómica. "O fracaso é colectivo", di Miranda na súa mensaxe.

Neste contexto, Flora Miranda indicou que xa non estará no Parlamento no novo período de sesións --previsto para o mes de setembro-- debido á "quebra dun proxecto político polo que apostou e no que estaba disposta a traballar". "Un proxecto que superase minifundios con altura, responsabilidade e madurez para traballar pola/coa xente. Entendo que non procede a toma de posicións, dado o contexto", lamenta no seu perfil de Facebook.

MENOS DUN ANO NO PARLAMENTO

Ante este fracaso "colectivo", segundo as súas palabras, Miranda reincorporarase como médico de Atención Primaria á súa consulta no centro de saúde da Estrada (Pontevedra), onde exercía antes de acceder ao Parlamento en setembro de 2018, en substitución de Magdalena Barahona. Cando se materialice a marcha desta deputada, que ocupaba o número seis pola Coruña, a lista corre ata o número sete da candidatura de En Marea en 2016, que corresponde a Xan Xove, de Marea Atlántica.

De non facelo, o escano correspondería ao número oito da lista, Mariló Candedo, quen era precisamente a candidata da dirección de En Marea para ser senadora por designación autonómica, unha elección que propiciou a ruptura do grupo de En Marea, fracturada 'de facto' desde hai máis dun ano entre partidarios de Villares e críticos.

O nome proposto polos críticos con Villares foi o do exconcelleiro herculino José Manuel Sande, elixido nunha votación telemática na que Flora Miranda foi a única que apostou por Mariló Candedo. Miranda, na guerra interna do grupo durante os dez meses que permaneceu na Cámara, non se posicionou ao lado de ningún dos dous bandos que terminou por separarse tras o paso dado por Villares e os seus afíns.

En Marea critica que a PAC de Vigo quedouse cun médico menos este fin de semana por un traslado improvisado. EN MAREA - Arquivo
En Marea critica que a PAC de Vigo quedouse cun médico menos este fin de semana por un traslado improvisado. EN MAREA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Fer

Honesta: adxectivo. Persoa que non engana os demais nin se aproveita deles. Unha persoa honesta non se beneficia á custa dos demais. SINÓNIMOS fiucego, honrado, leal, legal. Grazas Flora, un bico