Artigos de Álvaro Rodríguez

Carta de Critias a Terámenes (Extracto)

Xa preparan o próximo sorteo aínda que eles utilizan a expresión “sufraxio”. O último sorteo deixou os afeitos premios con poucas mudanzas e a refrega afeita.

Sobre as regularidades da política e a súa linguaxe

A expresión “faga como eu, non se meta en política” segue viva na “opinión pública” inducida pola “opinión publicada”. Talvez o malestar dos cidadáns coa clase dirixente do réxime é considerable como consecuencia dos problemas que esa mesma clase crea.

Historias do avó

E cando morreu o ditador, dixéronnos que eramos libres. Que tiñamos dereitos e liberdades. Dixéronnos que se terminou a ditadura, que a partir dese momento a Soberanía residía no Pobo. Recoñecéronse dereitos nunha Constitución. Xa podiamos manifestarnos, os traballadores tiñan dereito á folga. Había liberdade de expresión, e mesmo dicían de pensamento, coma se antes non pensásemos! Tamén nos prometeron que o goberno sería o representante do Pobo.

Reclamacións de Xustiza

O 30 de marzo de 2022, hai un ano, na reunión da Comisión Mixta de Xustiza, Xunta-Estado, que encabezaba o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, e o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, solicitaban ou reclamaban a creación de sete novos xulgados en Galicia.

Un burro de bronce revolcándose en lodo

O dia 20 de febreiro a Deputacion de Pontevedra inaugurou, asi chamárono, unha figura consistente nun burro de broce que se revolca nun charco de lama.

Sobre a autoría da precarización dos servizos públicos

Os Letrados da Administración de Xustiza están a exercitar o seu dereito á folga. Exercitan un dereito constitucional para eles moi gravoso, mais é o último recurso que queda ante o incumprimento do acordado polo goberno. Corresponde ao Ministerio de Xustiza garantir que a Xustiza teña os medios necesarios para realizar o seu traballo, así como responder do servizo en interese dos cidadáns.

EUA e as súas distraccións son os vencedores

O Califa de Córdoba conseguía ruborizar ao Presidente do Goberno Felipe Gonzalez denunciando as súas políticas ultra liberais, e o Isidoro da Cia tacháballe de comunista a modo de insulto ou descualificación. Insistía Julio Anguita que non era de recibo buscar subterfugios para tapar as políticas liberais acudindo a temas de alcoba ou intimas.

Que brincadeira hai en Bruxelas

A Comisión Europea prohibe pescar á frota galega. Aproba 87 vedas e dos 1.000 barcos que non poden pescar 500 son españois, dos cales 207 de Galicia segundo os cálculos da Alianza Europea de Pesca de Fondo (EFBA, polas súas siglas en inglés) e a patronal pesqueira Cepesca.