Rafael Cuiña" /> Rafael Cuiña no diario dixital GC sobre temas de actualidade. Xornalismo riguroso, independente, sutentable e en galego" />
Opinión - 20 Maio 2013
Volve a mostrar o Partido Popular, -antes coñecido como Partido Popular de Galicia-, a súa intención de abrir a caixa de Pandora da redución de escanos no Parlamento Galego. Venden esa iniciativa como un exemplo de austeridade nas administracións, cando unha simple análise política deixa claro que no fondo non hai máis que unha profunda carga ideolóxica.
Opinión - 13 Maio 2013
Supoño que para determinados sectores da nosa sociedade, as leas que provocan algúns dos seus distinguidos actores principais co idioma nai desta terra, son cuestións que pasan de largo ante outro tipo de prioridades nestes tempos, como é a propia supervivencia.
Opinión - 30 Abril 2013
Semana tras semana, as crónicas políticas na Galicia e nas columnas dos máis avezados escribidores, centran a súa temática en aspectos colaterais á propia esencia do que debe ser a política, facéndoo de xeito decepcionante coas condutas de uns e outros, nas que os egos substitúen á racionalidade.
Opinión - 19 Abril 2013
Curiosa situación a que vive o estado español, na que os informes dos bancos de inversión recoñecen que mentres as empresas e traballadores fixeron un enorme esforzo neste contexto de crise, a caste política é a grande eiva que temos, pola súa escasa capacidade para o consenso, a falta de concreción nas medidas tomadas, e os alarmantes niveis de corrupción que vivimos.
Opinión - 05 Abril 2013
Calquera persoa que viva coma min no medio rural, ten clara esa separación socio-vital entre a época de caza e a de pesca, como se fosen universos distintos divididos por materia non mesturable. O problema sempre xurde cando algunhas escopetas de experimentados cazadores, pretenden tamén conseguir beneficios da pesca dos ríos, sen utilizar as artes axeitadas.
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting