Artigos de Héctor Tejón

O ensaio

“Quedan prohibidas las restricciones tanto a los movimientos de capitales, como a los pagos entre estados miembros y entre Estados miembros y terceros países. Artículo III-45 de la Constitución Europea” A crise da representatividade que ao longo dos últimos anos, está constantemente enunciada, non foi unha escusa pra que os partidos políticos da esquerda institucionalizada iniciaran unha re-formulación de cadanseu proxecto. Nin sequera o berro de “Non nos representan” foi un aviso para a comandancia partitocrática. Foi unha declaración de intencións. Un golpe na mesa, rotundo e altisonante, de diferentes xeneracións ante unha situación sociopolítica que agromou da mais que mencionada “crise económica”.

O excluído, o desempregado e a Fronte Ampla

"(...) lo esencial no es el carácter compuesto de una doctrina(...) sino la acción histórica que funde sus elementos, la coyuntura que le da vigencia(...)". Carlos Real de Azúa

A sen razón do común

As persoas que están por enriba da liña do humano son recoñecidas socialmente na súa humanidade, coma seres humanos con dereito e acceso á subxectividade, dereitos humanos/cidadáns/civís/laborais.

Desafiuzados de nós mesmos

"Onde todos pensan igual, ninguen pensa moito" W.Lippman No presente tempo que nos toca vivir, a orde social normativa sempre nomeada como "sentido común" non é que se desmorone, senón que simplemente mostrou a súa verdadeira face. Onde a educación transmitiu a institución dun estado benefactor e proteccionista, a experiencia do común amosou un estado que lexisla a inxustiza en forma de graos de liberdade concedidos a unha maioría social atacada por unha minoría política privilexiada.

Galicia coma laboratorio, Galiza como esperanza

"Os galegos e galegas, poden estar tranquilos, remataremos coa crise en 45 días” dicía un exultante Núñez Feijoo cando tomaba cargo da súa responsabilidade coma presidente da Xunta, alá polo 2009. Anos despois, cun saldo vexetativo negativo, un índice de afiliacións á seguridade social que experimenta unha redución dun 13% (de 1.077.918 a 931.042), unha taxa de paro que pasa dun 12,3 no 2009 a un 20,1 en decembro do 2012, un sistema de pensións, sanidade, e cobertura ao desemprego insostíbel ao abeiro das cifras expostas.

A falacia e a alternativa

"A mente humana é libre por natureza,sendo criminal calqueira intento de influír sobre ela por intimidación ou engano" (Thomas Jefferson)

De mentiras, amos e escravos

Unha das moitas características que axuda a explicar porque o capitalismo foi capaz de vertebrarse coma un ente económico totalitario no seu funcionamento, estriba na colonización que a lóxica instrumentaal-funcional impuxo nas relacions sociais, e por extensión, no modelo laboral e económico que destas foi emanando. Por dicilo sinxelamente, non é imaxinábel un rexímene social xerárquico coma o actual e os precedeiros que fundamentan sua pervivencia na privatización dós medios de producción xunto cun desigual reparto da riqueza, sen a presencia de formas de socialización, institucions, axentes sociais, sistemas de producción de bens e servicios que faciliten a comprensión do funcionamento social e a áceptación de que éste "é o que ten que ser" (unha especie de inherencia espiritual á sociedade, altamente involucionista) "porque así sempre foi e é desexábel que asi siga sendo porque dito funcionamento asúmese coma o mellor dos posíbeis"

A mentira repetida, é unha mentira

O novo acto da traxicomedia neoliberalista, ven de acontecer. A “petición amistosa de apoio financiero” co Estado Español solicitou as institucions financieras europeas, vulgarmente chamado “rescate bancario”, debuxa un esceario de medos, ameazas… e oportunidades.