Os municipios onde Vox logrou unha maior porcentaxe de votos foron: Boimorto (19,47 %); Ribeira (7,45 %); e Vilariño de Conso (6,91 %). Os municipios onde SALF acadou maior porcentaxe de votos foron: Negueira de Muñiz (5,26 %); Irixoa (4,39 %); e A Teixeira (3,48 %).
  comenta   2
O presidente galego destaca os "grandes resultados" do PP en Galicia e defende a continuidade de Feijóo ao fronte deste partido: "Gañou todas as eleccións ás que se presentou".
  comenta   0
Ademais perde o liderado que mantiña en todas as principais cidades galegas agás en Vigo. A candidatura de Agora Repúblicas deixa de ser a primeira forza nos 4 municipios nos que o era fai catro anos e quédase como líder unicamente en Vilar de Santos. Gonzalo Caballero pide un cambio de rumbo en Galicia.
  comenta   0
A dereita e a ultradereita gañan as eleccións no Estado. Vox e un partido aínda máis populista e ultradereitista, Se Acabó La Fiesta, suman case un 15% dos votos. A división castiga a Podemos e Sumar.
  comenta   1
Destaca o "obxectivo cumprido" de que Miranda teña escano propio en Europa tras os case 350.000 votos de Camilo Nogueira en 1999 en solitario.
  comenta   0
Reivindica outra "abafadora" vitoria do PP galego e salienta que tamén Feijóo "volve gañar". Ourense e Lugo son as provincias con mellor resultado para o PP en España
  comenta   1
O líder do PSde destaca que o "bo resultado" nestes comicios sitúa ao partido na senda da "reactivación" tras o batacazo das eleccións galegas.
  comenta   0
Se hai cinco anos, os populares quedaban en segunda posición, desta volta superan en 17 puntos aos socialistas. O BNG mantén a terceira posición pero terá escano propio en Bruxelas e Vox ascende á cuarta a costa da división de Podemos e Sumar.
  comenta   0
Os populares sacan 22 escanos, o PSOE terán 20 e Agora Repúblicas, a coalición de ERC, Bildu e BNG, acada 3 eurodeputados.
  comenta   0
Francisco Millán Mon (Pontevedra) encabeza a lista do PPdeG para as eleccións europeas que define como "un plebiscito de Sánchez para saber se ten máis votos que nós". Non ve á extremadereita capaz de roubarlles votos en Galicia. Valora que a candidata do PSOE, Teresa Ribera, tivo máis presente as políticas medioambientais que as políticas de industria así como tampouco entendeu as necesidades de agricultores e gandeiros para quen reclama unha baixada do IVE nos insumos, sobre todo, combustibles.
  comenta   2
Nico González Casares é eurodeputado socialista galego en Madrid. Alí leva cinco anos batallando para conseguir unha "Europa máis social e inclusiva" e pelexando "polos intereses de Galicia". Di que un dos seus obxectivos nesta nova lexislatura é que haxa un comisario de Pesca que mire máis pola pesca, traer máis recursos económicos para Galoicia e, sobre todo, evitar que a ultradereita entre no goberno das institucións europeas.
  comenta   2
Olga Dourado González (Rianxo) é a cabeza de lista polo Partido Galego para as eleccións europeas. Exerceu como secretaria municipal en varios concellos, cousa que lle permitiu coñecer ben "o labirinto normativo" detrás da política local, autonómica e estatal. Defende un retorno económico xusto das enerxías que exporta Galicia. Tamén quere levar a Europa propostas para que retorne xente emigrada, sobre todo xente nova, ademais de reclamar cambios na política agraria común que virou nun elemento negativo para a agricultura e gandaría galegas.
  comenta   0