Que límite debemos establecer entre o dereito de manifestación e os delitos de sedición e/ou rebelión?. Aínda que a algúns non lles pareza transcendente, e a outros lles pareza a mesma cuestión dependendo de que xustifique ou non unha manifestación, na realidade é unha cuestión de enorme transcendencia, porque traspasar ou non ese límite comporta o que se cre unha determinada xurisprudencia e /ou precedente que poida significar que o día de mañá, e en base a determinados intereses do estado, unha manifestación que poida estar reclamando diversos intereses civís e dereitos dos cidadáns sexa considerada rebelión ou sedición a interese do propio estado, con dependencia de quen a convocou, ou quen a promova e/ou encabece. Polo tanto falamos sempre da responsabilidade de defender os dereitos xa adquiridos pola poboación civil nun estado democrático.