Por Fran Bouso | Mondoñedo | 11/01/2021 | Actualizada ás 09:00
O primeiro transporte de sal que chegou a Madrid foi conducido por Filomeno Neves, quen fixo entrega á presidenta madrileña, ademais de varias toneladas de sal de Porto (A Veiga), de tres tartas de Mondoñedo. O camioneiro apuntou que este manxar típico mindoniense "proporciona un gran aporte calórico que axudará a manter a temperatura corporal nuns días de tanta friaxe".
Segundo indican desde o gabinete de prensa da presidencia da Comunidade de Madrid, Díaz Ayuso agradeceu o xesto do condutor mindoniense e interesouse nunha breve conversa con el por se xa estaban solucionados os problemas coa néboa na A-8 ao seu paso polo Fiouco: "Esta es una gran colaboración mindoniense-madrileña que no olvidaremos", manifestou Ayuso quen aproveitou a ocasión de lembrar o sabor dos chourizos que mercou no ano 1999 no Mercado Medieval de Mondoñedo celebrado na Praza de Tirso de Molina.
Díaz Ayuso anuncioulle a Filomeno Neves que "visitará Mondoñedo cando a neve e as condicións pandémicas o permitan".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.