GC Aberto

O fracaso da política social en Galiza

Acabo de ver con estupor o vídeo subido a Instagram polo novo equipo de goberno da Xunta de Galicia. En concreto vexo á sorrinte Fabiola García, repetindo á fronte da ConsellerÍa de Política Social e Igualdade, sinalándome co dedo e rindo.

Por DiegoS (http://descargarnetflixgratis.com/) | Malpica | 29/04/2024

Comparte esta noticia

Diego Rojo, Malpica

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, participan na canle de Youtube de Jordi Sabaté
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, participan na canle de Youtube de Jordi Sabaté | Fonte: DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA

Intolerable.

Intolerable que un paciente que un enfermo de dexeneración córtico-basal, unha enfermidade dexenerativa terminal, similar ao ELA pero de avance mais lento, para que nos entendamos, que en tres anos pasou dun 34 a un 87% de minusvalía teña que agardar mais de ano e medio (e o que ainda lle quede…) para saber se vai a ter dereito a algo despois de cotizar toda unha vida.

Intolerable que os servizos sociais do concello de Malpica, aqueles que non lle concederon no seu momento unha tarxeta de estacionamento atendendo a razóns humanitarias, tal e como se establece no Real Decreto 1056/2014 (nin respostaron á petición), se laven as mans.

Intolerable que a consellería informe desde hai meses de que se van a dispoñer unha serie de axudas para coidados no entorno familiar, de xeito universal, por unha contía de 5000 euros anuais, e sigamos esperando.

Intolerable que despois de chamar repetidas veces ao concello para saber qué trámites é preciso realizar, obtendo por resposta que non era preciso, que todo estaba correcto, e que non era preciso que nos preocupáramos porque non facia falla facer nin entregar nada, comprobemos que o expediente sigue tal e como se iniciou en outubro de 2022.

Intolerable que haxa que pedir unha modificación de expediente para obter a devandita axuda, que sexamos atendidos de malos modos no concello para realizalo cando non o fixeron en mais dun ano, que se tramite finalmente, que envien a notificación á Consellería, e despois de consultar dita petición, a día 22 de abril (cando existe un rexistro de entrada o 8) non saiban ainda nada do formulario.

Intolerable é que existan miles de Jesús Rojo Cotelo nesta situación e que tódalas administracións se laven as mans.

Intolerable que haxa que esperar meses ou anos a ter un posto nunha residencia ou nun centro de día. Que esta custe mais do doble do que gañan a maioría dos usuarios. Que a meirande parte das prazas sexan en centros privados que se lucran a costa dos nosos maiores.

Intolerable é pouco. Intolerable e exasperante.Un auténtico fracaso da política social deste país, a nivel administrativo autonómico e local. 

Solo lles desexo a tódolos responsables de tanto desatino tanta paz como sementan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 María

Moi ben. Hai que dicir as verdades e deixarse de propaganda.E moi grave o que esta a ocorrer en Galiza.Que nun ano suban os prezos das prazas en residencia case o dobre ten dificil acomodo coa suba das pensións e coa contía destas. Pobres os que necesiten ir a unha residencia!