Primeiro revés xudicial para a CRTVG

Os traballadores das delegacións da CRTVG remitennos un comunicado no que nos anuncian que o ente público xa tivo o "primeiro revés xudicial tras as denuncias das delegacións"....

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/12/2006 | Actualizada ás 22:34

Comparte esta noticia

A radactora que vén de gañar o xuízo, Anxos Padín, levaba sete anos traballando na Delegación da TVG en Vigo, aínda que non estaba contratada pola televisión pública galega senón por unha empresa privada. A partir de agora, respectaraselle a antigüidade e figurará en nómina pola "Galega" como redactora na Delegación de Vigo.

43 DENUNCIAS

Esta sentenza corresponde a un dos primeiros xuízos que se celebran co gallo das denuncias dos traballadores das delegacións da CRTVG. Ata o de agora, o ente público acumula xa corenta e tres demandas por parte dos empregados nas delegacións de Vigo, Pontevedra, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Burela e Madrid.

O segundo xuízo contra a TVG en Vigo, por parte da redactora Iria Lagarón, está aínda pendente de sentenza, pero agárdase que tamén sexa favorable á traballadora. Neste mes, os vindeiros xuízos celebraranse o día 11 no Xulgado do Social número 3 de Lugo. Os demandantes son dous redactores da TVG e unha redactora da Radio Galega.

A CRTVG RECOÑECE AS DELEGACIÓNS

Dáse o paradoxo de que o director xeral da Compañía da Radio Televisión de Galicia, Benigno Sánchez, recoñeceu esta mesma semana nunha comparecencia perante o Parlamento Galego que a TVG conta con sete delegacións, nas principais cidades galegas e mais en Madrid, "e cun pequeno destacamento na Mariña Lucense".

Entrementres, os xuízos promovidos polos traballadores das delegacións da CRTVG para que sexan recoñecidos como tales seguirán a celebrarse por toda a xeografía galega durante os meses vindeiros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

12 potosí

O malo disto é que a xornalista esta, Iria, é a que peor locuta de todas. Non hai calidade con sentenzas coma esta.

11 mkvenner

boas, so un pequeno apunte, denum, antes dixestes que o intentar acceder as paxinas aparecia unha menxase de erro...pois veras esa mensaxe e devido a "canguronet" un invento de telefonica para limitar o acesso a contidos "perigoxos" diganse paxinas de contido erotico violento ou similar...no ten nada que ver con a xustiza.


un saludo.

10 denun

Comezo a estar desesperanzado, e non me refiro a perde-la esperanza de gañar os xuizos (cada vez que repaso os feitos e as probas dudo mais da posibilidade de perdelos) senon a esperanza de ter un traballo digno, xa que non me parece digno o estarlle facendo o traballo sucio a unha xente que nin nos recoñece.
Hoxe falei cunha persoa que non e de Galicia pero que leva un tempo vivindo aqui, e falando do tema das demandas añadiu:
"es que ademas, la tvg es malisima, parece una television de los años ochenta", e ten razon.
Tamen fai tempo lin un post neste confidencial onde se comentaba a desgana e a pouca vontade de facer as cousas ben e en equipo que hai na galega.
Eu estou perdendo a esperanza de pertencer a un equipo mais ala da delegacion na que traballo.
Tiñan unha oportunidade cojonuda este novo equipo, unha oportunidade de arranxa-las cousas, de facer boa television cun gran equipo moi ilusionado pola victoria que conseguiran cos seus votos. Pero botarona o retrete, con esa ideoloxia comentada en reunions consistente en " a las delegaciones ni agua".
Agora, cando gañemos os xuizos (se os gañamos que nunca se pode por a man no lume) teñen que tomar outra decision importante: loitar durante anos con recursos para intentar aforrar os cartos dunhas indemnizacions que non son o motivo principal da demanda, ou aceptarnos finalmente no equipo, aceptar a xente que lle quita de enriba a informacion local, que lle fai case completamente o tx galicia, en definitiva, traballar connosco en vez de ternos como puticlubs que sempre estan abertos.
Esa e a miña desesperanza, ver como o goberno que tanto se lle enche a boca de educacion audiovisual siga a permitir que as productoras mercenarias asasinen profesions como as de sonidista, iluminador, grafista, post-productor... para sacarlle catro perras as arcas autonomicas.
E tamen, que para evitar facer television de verdade e television actual, se manteña a linea anterior limitandose a arranxar o plato mirando pa Cuatro e a plaxiar os cortes de pelo da Sexta.
Eu metinme nesto para aprender e facer television, non para que desprezaran o meu esforzo e o dos meus compañeiros involucrandonos nunha chapuza de pseudodiplomacia entre xornais/productoras e goberno.
Quero pensar que o voto que lle din a esquerda serve para moito, e que este goberno esta a facer cousas por Galicia ( e penso que asi e). Pero mantendo estes trapicheos medo me da que se fagan tan vulnerables como para que volva outra vez a gaivota, xa que o desfalco destes ultimos suele ser maior.
Compañeiros de Santiago, espero sinceramente que a directiva actual e as que veñan non vos quiten o dereito a disfrutar do traballo que vos gusta, si e que vos gusta, porque nas delegacions esto pasa, e non e agradable.
Saudos e gracias polo apoio compostelan.

9 pos

15 millones de euros tirados a la basura
dinero de los impuestos de todos para particulares
os petos cheos
canta xente chupando da tvg

8 CURRANTES ENCABRONADOS

Os xuízos que se ían celebrar o catorce de novembro e que logo se aprazaran para o once de decembro aprazáronse outra vez, a petición dos codemandados do Retroceso. Agora PARA XANEIRO. Que interés terá ese grupo empresarial lugués en retrasar e retrasar un proceso xudicial? Que se traen entre mans? Que andarán argallando?

Que queren? Gañar tempo? Renova-lo convenio coa TVG para seguir chupando do bote outro ano enteiro ou o que se tercie?

Os seguintes xuízos celébranse o día vinte na Coruña e o vinteún en Lugo. Esperemos que non se apracen tamén, porque isto xa cheira. E vaia se cheira...

Por certo. Entre as dúas empresas codemandadas están deixando as delegacións sen xente. Primeiro largaron os delegados sen contratar a ninguén para substituílos. E agora resultando que non están a coller a ninguén para ocupa-los postos dos que, por unha razón ou outra -sobran os motivos- deciden abandona-los campos de traballos forzados que son as delegacións da Galega.

Baste dicir que en Lugo, por exemplo, mandaron o delegado para Santiago, agora foise unha redactora, e resulta que non contrataron a ninguén para os seus postos.

E así están as cousas agora, con dúas persoas de menos. E os que van quedando, facendo de tripas corazón para sacar adiante tanto informativo de dios.

Que será o próximo?