Primeiro revés xudicial para a CRTVG

Os traballadores das delegacións da CRTVG remitennos un comunicado no que nos anuncian que o ente público xa tivo o "primeiro revés xudicial tras as denuncias das delegacións"....

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/12/2006 | Actualizada ás 22:34

Comparte esta noticia

A radactora que vén de gañar o xuízo, Anxos Padín, levaba sete anos traballando na Delegación da TVG en Vigo, aínda que non estaba contratada pola televisión pública galega senón por unha empresa privada. A partir de agora, respectaraselle a antigüidade e figurará en nómina pola "Galega" como redactora na Delegación de Vigo.

43 DENUNCIAS

Esta sentenza corresponde a un dos primeiros xuízos que se celebran co gallo das denuncias dos traballadores das delegacións da CRTVG. Ata o de agora, o ente público acumula xa corenta e tres demandas por parte dos empregados nas delegacións de Vigo, Pontevedra, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Burela e Madrid.

O segundo xuízo contra a TVG en Vigo, por parte da redactora Iria Lagarón, está aínda pendente de sentenza, pero agárdase que tamén sexa favorable á traballadora. Neste mes, os vindeiros xuízos celebraranse o día 11 no Xulgado do Social número 3 de Lugo. Os demandantes son dous redactores da TVG e unha redactora da Radio Galega.

A CRTVG RECOÑECE AS DELEGACIÓNS

Dáse o paradoxo de que o director xeral da Compañía da Radio Televisión de Galicia, Benigno Sánchez, recoñeceu esta mesma semana nunha comparecencia perante o Parlamento Galego que a TVG conta con sete delegacións, nas principais cidades galegas e mais en Madrid, "e cun pequeno destacamento na Mariña Lucense".

Entrementres, os xuízos promovidos polos traballadores das delegacións da CRTVG para que sexan recoñecidos como tales seguirán a celebrarse por toda a xeografía galega durante os meses vindeiros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

2 Sfinterman

Como un bosque sen árbores, como a chuvia sen pingas, como unha praia sen grans de area, como un océano sen auga, como unha noite despexada sen estrelas, como un acuario sen peixes, como un prado sen herbas, como unha pinacoteca sen cadros, como unha cidade sen xente...

Así é unha delegación da TVG.

Sen os seus propios empregados.

1 Sfinterman

Como un bosque sen árbores, como a chuvia sen pingas, como unha praia sen grans de area, como un océano sen auga, como unha noite despexada sen estrelas, como un acuario sen peixes, como un prado sen herbas, como unha pinacoteca sen cadros, como unha cidade sen xente...

Así é unha delegación da TVG.

Sen os seus propios empregados.