Primeiro revés xudicial para a CRTVG

Os traballadores das delegacións da CRTVG remitennos un comunicado no que nos anuncian que o ente público xa tivo o "primeiro revés xudicial tras as denuncias das delegacións"....

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/12/2006 | Actualizada ás 22:34

Comparte esta noticia

A radactora que vén de gañar o xuízo, Anxos Padín, levaba sete anos traballando na Delegación da TVG en Vigo, aínda que non estaba contratada pola televisión pública galega senón por unha empresa privada. A partir de agora, respectaraselle a antigüidade e figurará en nómina pola "Galega" como redactora na Delegación de Vigo.

43 DENUNCIAS

Esta sentenza corresponde a un dos primeiros xuízos que se celebran co gallo das denuncias dos traballadores das delegacións da CRTVG. Ata o de agora, o ente público acumula xa corenta e tres demandas por parte dos empregados nas delegacións de Vigo, Pontevedra, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Burela e Madrid.

O segundo xuízo contra a TVG en Vigo, por parte da redactora Iria Lagarón, está aínda pendente de sentenza, pero agárdase que tamén sexa favorable á traballadora. Neste mes, os vindeiros xuízos celebraranse o día 11 no Xulgado do Social número 3 de Lugo. Os demandantes son dous redactores da TVG e unha redactora da Radio Galega.

A CRTVG RECOÑECE AS DELEGACIÓNS

Dáse o paradoxo de que o director xeral da Compañía da Radio Televisión de Galicia, Benigno Sánchez, recoñeceu esta mesma semana nunha comparecencia perante o Parlamento Galego que a TVG conta con sete delegacións, nas principais cidades galegas e mais en Madrid, "e cun pequeno destacamento na Mariña Lucense".

Entrementres, os xuízos promovidos polos traballadores das delegacións da CRTVG para que sexan recoñecidos como tales seguirán a celebrarse por toda a xeografía galega durante os meses vindeiros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

7 denun

Pois si, hoxe tratei de acceder de novo a GC e esta foi a mensaxe que saiu automaticamente:

http://69.50.29.28:81/public/stopXu...

Hai moita palla, pero eu salientaría:

http://69.50.29.28:81/public/stopXu...

Os entendidos que comenten, pero a min dame que si pasa tres dias seguidos xa non é casualidade, así que ata mañá.

6 jis

EN REALIDAD LA TVG ESTA POR MONTAR COMO EMPRESA SERIA DE TV.
MOITAS FESTAS,MOITA MAMONADA PERO POCA EMPRESA PROFESIONAL.
DEFICIT ECONOMICO IMPRESIONANTE
PROGRAMACION TEDIOSA
CUADROS DIRECTIVOS EN TODOS ESTOS AÑOS, DE NIVEL MUY BAJO COMO GESTORES.
VEASE DEFICIT DE DINERO,DE PERSONAL, DE MATERIAL TECNICO,DE COMPRAS, DE DELEGACIONES,ETC.

5 ktr

LO tremendo es que despues de 21 años de la existencia de la TVG, las delegaciones estan por montar.
La TVG no tiene delegaciones , lo que tiene es el negocia de productoras que chupan de la TVG.
AÑOS Y AÑOS EMBOLSANDO MILLONES.
El personal de estas delegacion trabajando en condiciones miseras, por cuatro duros y a destajo.
Y mientra los dueños de las productoras embolsando fortunas en sus cuentas particulares a cuenta de la TVG.
Y los trabajadores de TVG , ni golpe.

4 Galiciaconfidencial

Pois agardamos que isto que contas non se repita máis e fora unha simple casualidade. Se é certo volveremos a etapas negras deste país. Aínda así, Galicia Confidencial seguirá denunciando os chanchullos e clientelismos que tamén hai neste goberno. Agardamos que nos contes se xa podes ver esta páxina. Un saúdo

3 denun

¿Casualidade?
Hoxe, o ordenador que da servicio de internet na Delegación de TVG en Lugo, negabase a abrir o "Galicia Confidencial", por unha norma informatica que proviña da rede da Xunta (da que se serve tvg) e que asociaba o portal de "Galicia Confidencial" a unha lista de entradas porno non admitidas na rede da Xunta.

Así sodes vos, "Galicia Confidencial", para a Xunta sodes pornográficos.
Mañá intentareino outra vez, e se me sae a mesma mensaxe transcribireina aqui para o deleite de todos, especialmente`para os responsables de "Galicia Confidencial", que supoño que polo menos vos chamará a atención.