As críticas da Agai

A Asociación Galega de Amizade con Israel (Agai) critica a sentenza do TC que nega o delito de xenocidio...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 22/11/2007 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

Porque negar un xenocidio conleva, cando menos, un profundo desprezo pola dor das súas vítimas, e implica un ataque á dignidade de todas as persoas que conforman o grupo social perseguido, atacando así á base de calquera sociedade que se pretenda democrática.

E o Dereito como froito da sociedade da que xorde, non é neutral, establece sempre un sistema de valores, e coa súa punición delimita aquelas condutas que considera inaceptables. Neste sentido, ante o perigo actual que representa o racismo e a xenofobia, e aprendendo a tráxica lección que nos deixou o Holocausto nazi, a sociedade europea repudia a negación da súa existencia.

Eis a preocupación da Unión Europea para evitar que ningún Estado europeo se poida converter nun refuxio e centro de propaganda xenófoba que nos poidan levar a repetir novamente os terribles erros do século XX, lamentablemente coa recente sentenza, xa temos un erro, o noso.

Porque non é casual a presenza estes días entre nós do destacado negacionista e líder do KU KUS KLAN, David Duke, que ao abeiro da devandita sentenza pode percorrer con toda normalidade e tranquilidade España en actividades públicas nas que fai manifesta apoloxía do antisemitismo, da xenofobia e do odio racial. Lamentablemente en virtude da recente sentenza do TC a súa actividade é lícita.

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) facemos un chamamento público á reflexión sobre este grave erro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

11 Asklepios

As consideracións que me veñen ao maxín respecto desta protesta son as seguintes:
Primeiro, é totalmente estúpido considerar delicto a difusión de ideas, sexan as que sexan. Outra cousa son os comportamentos. Por certo, estou case seguro que se mañán un grupo neonazi decide aplicar as súas teorías raciais, os mesmos que chaman no seu auxilio ao Tribunal Constitucional serían os primeiros en fuxir.
Segundo, aínda é máis imbécil confundir as críticas sobre as actuacións dun Estado, neste caso o de Israel, tan fillo de puta como todos os demais que teñen existido, co argumento do "antisemitismo". Quen tal fai está totalmente incapacitado para razoar.
Terceiro, a mellor definición de "fanático" que coñezo é a de que un fanático é aquel que aplica distinta lóxica a situacións iguais ou semellantes, en virtude de quen faga o acto. Así pois, facer un campo de concentración é un crime contra a humanidade, pero asesinar en nome de dereito sagrado de Israel a defenderse debe ser un alma benemérita. Por suposto, o que diga outra cousa é un antisemita.
Por certo, para comprobar o que digo un non ten máis que ler o que escribe AGAI sobre o comportamento do Estado de Israel,insisto, tan fillo de puta como todos os demais.

10 Compostelán

Razoando, estou até certo punto dacordo con vostede, aínda que, por mor da inmediatez, supoño, conclúe que non é rigoroso equipara a actual situación de Israel co acontecido na II.G.M. Nojn é certo, xa que, en primeiro lugar, o Estado de Israel é froito daquela barbaridade, een segundo lugar, o medo daquela experiencia empregouse para somerter ao pobo palestiniano. Non teño nada en contra de Israel, pero o que non pode pretender o estado israelita é, por un lado, renegar aos europeus por antisemitas, e por outro, aplicar políticas contra a poboación palestiniana que son, sinxelamente, unha vergoña, sexa o muro, sexan a segregación de estradas, sexa afogar a economía de palestina, porque a resposta que vai obter é: "Israel quere máis reparacións despois de 60 anos de reparacións materiais e morais, mentres practica unha pòlítica que, pola mesma regra moral, NON PODEMOS tolerar. Sei que o problema é bastante máis complexo, e que tamén é unha vergoña que o tipo ese do ku KLUX klan veña deitar a súa merda mental, pero coido que Israel trata de obter un respaldo á súa política de seguridade apelando a uns razoamentos que se volven en contra deles

9 Razoando

Imos ver, Ala Alegre.

Por que cando se fala do Holocausto, que algo que ocurríu hai máis de sesenta anos, sempre se ten que traer a colación o conflito palestino-israelí de hoxe en día?

No é, no fondo, unha forma de dicir que tiveron o que se mereceron? O argumento implícito é o seguinte: xa que "vós" facedes hoxe isto aos palestinos, está ben o que vos fixeron co Holocausto. Pero resulta que aqueles seis millóns de "vós" (de xudeus asasinados polos nazis) non teñen nada que ver co que se fai hoxe, entre outras cousas porque están mortos e nada poden facer. Non é todo isto unha brutal Lei do Talión con efectos retroactivos?

Noutra orde de cousas, e sen desculpar a actuación do Estado de Israel, non é rigoroso equiparar o nazismo coa actual política israelí.

8 ala alegre

Imos ver razoando; a ver si fas honra do teu alcume e razoas un anaco. Ala alegre non nega o holocausto nazi contra os xudeus, o que revindica é que se fixe a mirada tamén no holocausto que o Estado xudeu está a levar adiante conta a cidadanía palestina, hoxe en día, á nosa vista, cando nós podemos o podemos evitar. Negar isto nestas alturas é o mesmo que fixo moita xente nos anos trinta: pechar os ollos ante a barbarie nazi. O nazismo é igual de terribel, practiqueo Hitler ou Israel.

7 cuturru

O TSXG anula a contratación dun animador deportivo ( Manuel Polo Gundín, concelleiro do BNG e portavoz municipal de Fene)en Mugardos e dá a razón a outro candidato en contra do decidido no seu día por Barcia, alcalde do BNG