Por que aumentan os avistamentos de candorcas e os ataques a barcos en Galicia?
O biólogo Bruno Díaz López, director do Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI), detalla o complexo mundo destes cetáceos e pide máis apoio para poder investigalos. Xunto ao seu equipo, lanza unha hipótese do por que das interaccións con barcos: "Poderían estar utilizando os temóns das embarcacións como 'sparring' para mellorar as súas técnicas de caza".