Opinión - 16 Maio 2013
O Día das Letras Galegas foi instituído para avivar o sentimento colectivo de galeguidade. Que se logre ou non depende do interese que lle poñan á celebración as institucións públicas e entidades culturais. A data debera servir para que o sector da cidadanía máis activo e proclive ó discurso galeguizador reafirme as súas convicións persoais na causa que motiva a celebración. Sería un erro seguir considerando que a efeméride ten como único obxectivo o espallamento das obras literarias. Fraco favor se lle fai á lingua galega restrinxíndoo ó ámbito literario.
Opinión - 09 Maio 2013
Que o futuro da lingua galega non se xoga unicamente nos ámbitos da cultura e menos aínda no da literatura está máis que constatado. Hai ben tempo que algúns vímolo dicindo e procurando novos espazos sociais.
Opinión - 27 Abril 2013
Tiña botica na rúa do Príncipe, fronte á rúa Eduardo Iglesias. Domingo faleceu relativamente novo, en 1978, cando tiña sesenta e dous anos. Era irmán de don Paco, a quen admiraba con garimosa devoción. A súa rebotica foi tan importante para a cultura galega como a de Perfecto Feijóo en Pontevedra para a música tradicional. Sen embargo, son moi poucos o teñen memoria dun home que deixou tras de si unha estela de galeguismo comprometido nos tempos difíciles da dictadura franquista.
Opinión - 13 Marzo 2013
Cada vez son máis as corporacións locais que deciden distinguir con honras a persoas de inequívoca galeguidade, ós que dedican a súa vida á reconstrución da nosa identidade nacional. Nesta ocasión a corporación municipal de Mazaricos, presidida polo seu Alcalde don José Manuel Santos Maneiro, honrará ó profesor Manuel González González, nomeándoo Fillo Predilecto.
Opinión - 23 Febreiro 2013
O profesor Ricardo Gurriarán é o autor dunha documentadísima obra publicada polo Servizo de Publicacións da USC co título “Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940)”. Un período de esplendor que se corresponde coa conversión das obsoletas estruturas dunha moderna universidade, debido fundamental a varias razóns; unha delas foi a aterraxe en Compostela de profesorado innovador. Martín Sauras, Calvet, Parga Pondal, Charro,Montequi...serían os principais nomes, que tiñan ao seu fronte ao reitor Rodriguez Cadarso. A moitos deles coñeceunos Antón Beiras sendo alumno da Facultade de Medicina.
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting