Que pensan os galegos sobre a tauromaquia?

Asociacións animalistas fixeron unha enquisa cuxos resultados amosan unha xeral oposición a estas prácticas na nosa comunidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2019 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

A Plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas e a Fundación Franz Weber presentaron os resultados dunha enquisa sobre a percepción das touradas e outros eventos relacionados coa tauromaquia. En base a iso, aseguran que o "93% dos enquisados" rexeita a estas prácticas.

Segundo un comunicado emitido este domingo, ambos grupos en defensa dos animais explicaron que a sondaxe se realizou a un milleiro de persoas e a maior parte considerou "allea" a tauromaquia na comunidade galega, fronte ao un por cento que cre que a armazón ten "arraigamento cultural". Un seis por cento manifestou descoñecemento ou preferiu non contestar.

As entidades consideraron que os resultados desta investigación son "tremendamente positivos" e que "mostra un posicionamento moi claro, que se pode extrapolar a futuras iniciativas políticas".

As plataformas e colectivos animalistas traballan nunha proposta que ten puntos comúns á lei das Illas Baleares neste ámbito. En concreto, as asociacións queren que se impida a morte do touro nas corridas, a partir das Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.

Ademais, criticaron que "só a maioría do Partido Popular bloqueou nos últimos anos toda a proposta que falaba de tauromaquia e crueldade", así como "a permisividade" dos altos cargos da Xunta para "acudir aos touros pola cara", ao ser "convidados os promotores ao palco de autoridades".

Corridas de touros no San Fermín. Óscar J.Barroso - Europa Press
Corridas de touros no San Fermín. Óscar J.Barroso - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 BNGforever

Hay que agradecer al BNG el gran trabajo que hace en defensa de la tauromaquia en la señorial ciudad de Pontevedra y en la pintoresca villa de Allariz.

2 Remulo

Como todo el mundo sabe una encuesta muy de fiar realizada por un grupo independiente

1 Fran Correa

No BNG estamos os cidadáns que mantemos a esencia do ser galego e do pensamento correcto, por iso dicimos alto e claro NON AS TOURADAS, mentres as subvencionamos --nos primeiros anos do Lores, directamente; despois, disimulada ou encuberta-- desde o noso elitista Modelo Pontevedra. Ser galego implica ter contradicións, exercer de tal fai que se evidencien. Por iso, con orgullo, defendemos a continuación das subvencións aos touros que nos permiten manter o noso carácter galego auténtico sen deixar de ser españois, e a fineza do cerne pontevedrés que pode unir na praza dos Lozano a Mariano Rajoy, Pepiño Blanco e ao Lores (todos adoptados, fumando un puro cubano, e berrando 'Olé!' entre trapiños rojigualda, para que se vexa a nosa abertura humana e suprema sensibilidade).

1 Xerardo Rei

Sí home sí, o BNG é abertamente protouradas... O que hai que ler por non ser cego. O de Pontevedra é moi (moito) matizable e xa cansa ter que explicalo máis unha vez (non distingues competencias, empresa privada, uso inmoble, etc como para che convencer do errado que estás (ou semellas estalo cando é evidente o teu sesgo antiBNG). Cambiade o mantra que non cola. Touradas, en Galiza NON. BNG=antitortura animal.

2 Mugueimes

Estupendo Xerardo, têm cegos que percebem melhor a realidade que você, possivelmente as capacidades suas não são tão altas ou estão alteradas por servidumes políticas! Primeira, não é discutível que o BNG subsidia as touradas (agora as agachadas, antes coa cara descoberta, as actas são públicas e levam a signatura de Lores). Segunda, também não disimularam quando o concelheiro do BNG, senhor Miguel Filgueira, defende nos médios a tortura e disfruta no palco com o sofrimento animal. Terceira, é público que a empresa promotora da barbárie é deficitária e o Concelho colabora para sanear as contas da sociedade maléfica. Quarta, a praça dos empresários da tortura não é imprescindível para uma festa medieval, procure outra excusa para defender ao patrão. Quinta, o fumo amigo não tampa os feitos da cumplicidade e da covardia do BNG com a barbárie.