Galicia perde terras de cultivo en 2019, mentres aumentan as superficies forestais e de pastos

As terras cultivables descenderon na Comunidade en preto de 8.000 hectáreas no ano 2019 (ata un total de 310.854 hectáreas)

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2020 | Actualizada ás 18:53

Comparte esta noticia

Galicia perdeu terras de cultivo ao longo do 2019, mentres aumentaron tanto as superficies forestais como os pastos, segundo os datos publicados este luns polo Ministerio de Agricultura do Sistema de Información Xeográfica de Parcelas (Sigpac).

De tal forma, as terras de cultivo descenderon na Comunidade en preto de 8.000 hectáreas no ano 2019 (ata un total de 310.854 hectáreas). Con todo, o total de cultivos permanentes elévanse lixeiramente (pasan de 51.770 a 52.094 hectáreas), cos froiteiros como os de maior extensión (preto de 30.000 hectáreas), seguida de viñedos (máis de 21.000 hectáreas).

No tocante á superficie forestal, ascendeu nunhas 1.000 hectáreas máis e chega a un total de 1.086.310 hectáreas. Este millón de hectáreas repártense en máis de cinco millóns de recintos (o que supón máis da metade de todo o Estado). Respecto dos pastos, incrementáronse nunhas 7.000 hectáreas e xa chega a 1.237.543 hectáreas, neste caso en case seis millóns de recintos.

Patacas galegas nun campo de cultivo.. XUNTA - Arquivo
Patacas galegas nun campo de cultivo.. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta