Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2020 | Actualizada ás 22:18
Os falecidos por COVID-19 elévanse a 349 en Galicia, nunha xornada na que se produciron ata 23 novas mortes confirmadas a causa do coronavirus nos hospitais galegos e nas residencias da terceira idade. Delas, 16 foron de usuarios en residencias, tanto dos que estaban ingresados en hospitais, coma nos propios centros.
Así, o número de falecidos a causa do COVID-19 en residencias da terceira idade ascendeu a 73 nestas instalacións desde o inicio da crise, mentres que 68 fixérono en hospitais. Nas últimas horas déronse a coñecer oito casos novos: un na DomusVi Matogrande (A Coruña), outro en Caser A Zapateira (Culleredo), dúas en N. S. da Esperanza (Ourense), un na DomusVi Barreiro (Vigo), outro na de Moledo (Vigo), un na DomusVi de Cangas e un na residencia San Pedro de Crecente.
REPUNTE
A evolución das cifras de vítimas pola crise sanitaria na comunidade experimentou un leve repunte nestas últimas xornadas, aínda que de momento mantense nunha tendencia cara á redución e a estabilidade rexistrada desde o pasado fin de semana.
O xoves pechábase cun parte de 305 persoas falecidas entre hospitais e centros residenciais, o que supuña un aumento de 17 con respecto á cifra total do día anterior, pero cun ritmo de crecemento mais reducido (seis casos menos dos confirmados o mércores).
No entanto e a pesar de que as cifras en Galicia mantéñense nuns parámetros similares, o ritmo de casos aumentou tanto o venres como este sábado, con 21 e 23 mortes por coronavirus confirmadas polo Sergas, respectivamente.
Galicia conta agora con 349 falecidos, 73 deles en residencias de maiores e 276 nos hospitais galegos. Os últimos casos confirmados foron o de dous homes, de 88 e 70 anos, que estaban ingresados no Complexo Hospitalario da Coruña e no de Ferrol, respectivamente.
ÁREAS SANITARIAS
Estes dous uníronse a outros 13 novos mortos rexistrados en hospitais este sábado. En concreto, un home de 97 anos no Hospital do Barbanza, outro de 84 anos A Rosaleda, unha muller de 90 no CHUS, unha muller de anos no Hospital de Valdeorras; e dous homes, de 79 anos e 57 anos, no CHUAC.
O resto foron dous homes, de 84 e 97 anos, no Complexo Hospitalario ourensán; catro mulleres de 86, 82, 83 e 97 anos no Chuvi e outra de 94 anos ingresada en Povisa. Todos eles con patoloxías previas.
O cómputo de falecidos en hospitais sitúase, así, en 276 desde o inicio da pandemia en Galicia. Deles 79 producíronse na área sanitaria da Coruña, 58 na de Vigo, 54 en Ourense, 39 en Santiago, 17 en Ferrol, 18 en Lugo e 11 falecidos na de Pontevedra.
Así mesmo, a Galicia rexistra 5.747 casos activos de coronavirus en todo o territorio, 116 diagnósticos máis que onte, o que supón un incremento do 2,06% con respecto ao venres, aínda que o número de altas xa supera o milleiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.