O secretario xeral de Eixo Atlántico critica que a eurorrexión "leva anos esquecida" polo PP e polo PSOE

Vázquez Mao critica o "descoñecemento" que a conselleira Ethel Vázquez ten das infraestruturas e lembra que a Xunta "estivo presente" na última reunión que houbo en Bragança (Portugal) cun representante que "non abriu a boca nin neste tema nin sobre outros".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2020 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, expresou este luns a súa "sorpresa" e o seu "malestar" coas declaracións deste domingo da conselleira de Infraestruturas da Xunta, Ethel Vázquez, sobre o AVE entre Vigo e O Porto (Portugal). En concreto, aféalle o seu "descoñecemento da realidade" da eurorrexión e das súas infraestruturas.

"Só se poden explicar desde unha estratexia de desviar a atención sobre a súa falta de xestión en Galicia", aseverou Vázquez Mao, en declaracións a Europa Press. A titular de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta lamentaba este domingo a "falta de compromiso" do Goberno central coa conexión de alta velocidade entre Vigo e O Porto, á vez que estimaba que non estará lista antes do 2030. Ademais, criticaba que o cume hispano-lusa do sábado, celebrada en Garda, concluíse "sen unha atención ás infraestruturas necesarias" para a eurorrexión.

Tras estas declaracións, este luns o secretario xeral de Eixo Atlántico lembroulle que se trata dun proxecto "enterrado desde hai anos" porque "un tren, cos tempos de aceleración e desaceleración dun AVE, nunca podería rendibilizar a súa velocidade máxima e os custos de explotación nunca o farían viable".

Así mesmo, Xoán Vázquez Mao explicou a Europa Press que a Xunta "estivo presente" na última reunión que houbo en Bragança (Portugal) no ámbito da eurorrexión a través dun representante que "non abriu a boca nin neste tema nin sobre outros". O secretario xeral de Eixo Atlántico tamén tachou como "sorprendente" a "locuacidade" da conselleira Ethel Vázquez nestes momentos "en comparación co silencio que mantivo mentres estivo o seu partido --o PP-- no Goberno de España".

"Hai que lembrarlle que era a mesma situación que se produce agora co actual Goberno con respecto á eurorrexión. En política, non vale pasar da 'Procesión dos Caladiños' á 'Confraría do Santo Lamento' segundo quen goberne. A eurorrexión leva anos esquecida por parte de todos os gobernos, populares e socialistas, exactamente igual que Galicia", resumiu Vázquez Mao.

Por todo iso, e porque a situación da conexión entre Vigo e O Porto "non é distinta" da do AVE a Madrid, o secretario xeral de Eixo Atlántico cre "aconsellable" que a Xunta dea "menos declaracións e máis traballo" e que "este tema sexa asumido directamente" polo seu presidente, Alberto Núñez Feijóo.

Xoan Vázquez Mao, Secretario Do Eixo Atlántico.. EUROPA PRESS - Arquivo
Xoan Vázquez Mao, Secretario Do Eixo Atlántico.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Alguén pode explicar como este individuo leva 25 anos sentado no mesmo cargo e aínda temos que aturar a súas historias sobre o Eixo Atlántico (?) O cargo de Secretario é Vitalicio ?

1 Chulin

Non seis como gala pestes do PP tengo a sus Muller un posto a dedo en sanidade posta polo pp