Por Galicia Confidencial | A Coruña | 03/02/2021 | Actualizada ás 21:10
A terceira onda comeza a remitir en contaxios, pero está no seu máximo pico no que ten que ver coas mortes. Este mércores a Xunta volveu comunicar a morte doutras 37 persoas nos últimos días (22, 28,30, 31, 2 e 3 de febreiro), o que supón a segunda maior cifra tras os 40 aos que se chegaron este mesmo luns. De feito, só nos tres ultimos días o Sergas comunicou xa a morte de 105 persoas.
E, novamente, A Coruña segue sendo a provincia máis golpeada pola epidemia, especialmente, as áreas de Ferrol, Santiago e A Coruña que acumulan 22 novos mortos. A seguinte provincia máis afectada é Ourense, con seis falecidos.
Na área de Vigo faleceron catro persoas, na de Lugo outras tres e na de Pontevedra, dous. Do total de falecidos, sete eran usuarios de residencias de anciáns. Todos os mortos, segundo o Sergas, tiñan patoloxías previas.
Esta é a lista facilitada polo Sergas:
Día 22 de xaneiro:
Home de 93 anos. Falece na residencia Paz e Ben de Tui.
Día 28 de xaneiro:
Home de 77 anos. Falece no seu domicilio da Área Sanitaria de Vigo.(Tui)
Día 30 de xaneiro:
Home de 87 anos. Falece na residencia Nosa Sra. do Carmen de Sarria.
Día 31 de xaneiro:
Muller de 92 anos no HM A Rosaleda-A Esperanza de Santiago de Compostela.
Día 2 de febreiro:
Muller de 86 anos no CHUAC.
Muller de 92 anos no HULA (procedente da residencia Nosa Sra. do Carmen de Sarria).
Home de 82 anos no CHUAC.
Home de 73 anos no CHUF.
Home de 72 anos no CHUS.
Home de 93 anos no CHUAC.
Home de 87 anos no CHUAC.
Home de 77 anos no CHUF.
Home de 78 anos no CHOP.
Home de 89 anos no CHUS.
Home de 80 anos no CHUAC.
Home de 75 anos no CHUO.
Home de 72 anos no CHUF.
Muller de 77 anos no CHUO.
Muller de 93 anos no CHUAC.
Muller de 84 anos no Hospital da Mariña (procedente da residencia Asilo de Ribadeo).
Muller de 55 anos.Falece na residencia Pai Menni de Betanzos.
Día 3 de febreiro
Muller de 85 anos no CHUS.
Home de 79 anos no CHUF.
Home de 83 anos no CHUVI.
Muller de 90 anos no CHUO.
Home de 91 anos no CHUS.
Home de 60 anos no CHUAC.
Home de 84 anosno CHUF (procedente da residencia DOMUSVI LARAXE de Cabanas).
Muller de 95 anos no CHOP.
Home de 72 anos no CHUVI.
Muller de 80 anos no CHUO.
Muller de 79 anos no CHUO.
Muller de 83 anos no CHUAC.
Home de 89 anos no CHUO.
Home de 89 anosno CHUF.
Home de 79 anos no CHUAC.
Home de 73 anos no CHUAC.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.