Fronte social, ecoloxista e agraria contra o novo Plan Forestal de Galicia por fomentar os eucaliptais

Representantes de distintas entidades levaron a súa protesta ao Parlamento, onde se reuniron cos grupos parlamentarios.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/02/2021 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

Unha fronte de organizacións sociais, ecoloxistas, agrarias e sindicais iniciaron unha campaña de rexeitamento á primeira revisión do Plan Forestal de Galicia (PFG), que se comezará a debater no Parlamento Galego o vindeiro 23 de febreiro. Entre as críticas que fan é o interese "produtivista" da nova lei e que se permita aumentar as plantacións de eucaliptais.

A primeira das accións para tentar frear o texto que se debaterá para a súa aprobación tivo lugar este venres, 5 de febreiro, na mesma sede do Parlamento, onde unha representación dos colectivos mantivo encontros cos distintos grupos parlametarios. 

Madeira da industria forestal
Madeira da industria forestal | Fonte: XUNTA - Arquivo

No transcurso da xuntanza, a representación da fronte social expúxolle aos deputados as súas queixas sobre o proceso de participación inexistente que precedeu o debate parlamentario desta revisión do PFG. Neste senso, lembraron que a única exposición pública da revisión do PFG foi hai tres anos, en 2018, e dun texto distinto ao que chega agora ao Parlamento galego.

No encontro, fíxoselles entrega aos deputados populares das alegacións que se fixeron ao Plan Forestal por parte de setenta organizacións sociais en 2018 e o texto do Manifesto por un Monte Galego con Futuro de 2019. A maiores, tamén se lles expuxo o contido do decálogo no que se enumeran as razóns polas que rexeitan na súa integridade a primeira revisión do Plan Forestal que pretende aprobar o Partido Popular.

Entre as razóns están que se fai unha diagnose ficticia da situación do monte galego, que carece de consenso social ou que responde unicamente a intereses produtivistas e de carácter privado fomentando, ademais, o monocultivo e o aumento de especies pirófitas e invasoras, como os eucaliptos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

Galiza nom é outra cousa que umha colónia madrilenha. As fábricas de celuloses que emporcalham o País tenhem a sede social em Madrid, onde pagam os tributos; aqui deixam-nos a contaminaçom . E os galeg@s a seguir votando PP ou PSOE, partidos madrilenhos e coloniais.