Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2021 | Actualizada ás 11:34
Galicia conmemora este mércores un 'Día de Rosalía' que é quen de resistir a pandemia. O país celebra o aniversario de Rosalía de Castro con ofrendas florais, lecturas e diversos actos para rememorar e render homenaxe ao legado da autora de Follas Novas. A Fundación que leva o seu nome convida á celebración da súa figura cun 'Caldo de Gloria', ou coa 'Alborada para Rosalía'.
A axenda de eventos arrinca coa plantación dunha filla da 'Figueira de Rosalía' no Parlamento de Galicia ás 09,30 horas, á que seguirá un acto institucional, ademais doutro na Praza de Vigo ás 11,00 horas, no lugar onde naceu a autora. Ademais dunha plantación no 'Parque do Recordo' do Pazo de Faramello en Rois, a Fundación organiza unha ofrenda floral ante a estatua de Rosalía en Padrón ás 13,00 horas.
O @Par_Gal súmase á celebración do #DíaDeRosalía coa plantación dunha figueira procedente da @CasadeRosalia 👇https://t.co/TGfb7KY0Qe pic.twitter.com/VqMkdIydM6
— Parlamento Galicia (@Par_Gal) February 24, 2021
Doutra banda, a encargada de facer o 'Caldo de Gloria', iniciativa inspirada no poema 'Miña casiña, meu lar', foi a cociñeira Lucía Freitas do restaurante A Tafona, que editou un vídeo inspirándose na súa versión da receita.
Outras institucións, como as Deputacións da Coruña e Pontevedra, sumaranse tamén á conmemoración da xornada. A institución provincial coruñesa destaca o Festival Rosalía, coa participación de figuras como a música Uxía ou a escritora María Reimóndez, que 'xira 360º' para nos explicar quen foi Rosalía e por que a considera relevante.
Nestoutro vídeo, tamén pertencente ao Festival Rosalía, Iria Ribadomar, de Deica Creacións, explícanos o proceso de creación dos seus deseños de Rosalía de Castro e o que para ela significa.
A Deputación de Pontevedra, pola súa banda, celebra actos ás 12,00 e as 19,00 horas en Vigo e Pontevedra, respectivamente, nas sedes provinciais de ambas as cidades. Ambos contarán con representantes do mundo da cultura, a arte, a igualdade e a comunidade escolar e de representantes políticos como a presidenta provincial, Carmela Silva, e os alcaldes Abel Caballero e Miguel Anxo Fernández Lores.
🎉 Chegou o día! Hoxe, 24 de febreiro, é o #DíadeRosalía. O símbolo do noso pobo e do noso país naceu un día como hoxe de 1837 en Santiago de Compostela. Celebraremos a súa figura e o seu legado arredor da provincia coa #cultura como gran protagonista 👇 pic.twitter.com/JxFxGKL20z
— Deputación Pontevedra (@depo_es) February 24, 2021
Doutro lado, a Fundación Galiza Sempre organiza a conferencia "Unha ollada interrnacional sobre a figura de Rosalía". Anik Nandi, Katheleen March e Keith Payne falarán da proxección da obra de desta autora a nivel internacional. Presentada por Goretti Sanmartín, poderá seguirse ás 20:00 horas a través da páxina de Facebook da fundación.
Tamén as redes celebran este Día de Rosalía dende ben cedo. As contas dos principais partidos políticos galegos amenceron con publicacións dedicadas á poeta:
#Taldíacomahoxe, o 24 de febreiro de 1837, nacía #RosalíadeCastro, a nosa escritora máis recoñecida universalmente pola beleza dos seus versos, a reivindicación do galego e a defensa da liberdade da muller.#DíaDeRosalía pic.twitter.com/3IGT8LUUP3
— PSdeG (@PSdeG) February 24, 2021
Rosalía ergueu a bandeira da nosa dignidade nacional e é hoxe a nosa principal figura. Para galegxs, o símbolo principal da nosa vontade de ser. Muller, combativa, feminista, moderna e libre. Sempre leal o seu pobo, Rosalía é luz para un futuro noso e mellor. #DíaDeRosalía pic.twitter.com/BMYdpfNm2e
— BNG (@obloque) February 24, 2021
24 de febreiro. #DíaDeRosalíadeCastro. Galega. Universal. pic.twitter.com/7ChnpXHdwq
— PP de Galicia (@ppdegalicia) February 24, 2021
Os galegos e galegas lembras os seus versos, ollan a súa estrela no ceo e reivindican a súa obra e papel na cultura galega. Eis unha mostra.
🎨 Mulleres....bon día!
— silvia seixas naia 🧜🏽♀️ (@silviaseixasnai) February 24, 2021
#DíadeRosalía #RosalíadeCastro #CantaresGallegos
Pasan n’aquesta vida
cousiñas tan estrañas,
tan raros feitos vense
Neste mundo de trampa; pic.twitter.com/9w1VFFjzGz
Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino.#RosaliaDeCastro
— Manuela Iglesias Cid (@NolasCid) February 24, 2021
Lieders, 1958.
No #DíaDeRosalía, poeta, muller brava, libre e rebelde. Cantoulle en galego ás dores da ialma, ás penurias dun pobo e á liberdade das mulleres. pic.twitter.com/hW5lFedRBo
Unha estrela para Rosalía... #diaderosalia @CeosGalegos @CasadeRosalia pic.twitter.com/s3viu0WZ3h
— O’Fins (@CorneliusGZ) February 24, 2021
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.