O PSdeG reclama a Feijóo que remita ao Parlamento os 44 proxectos presentados aos Fondos Europeos

A deputada do PSdeG no Parlamento galego Noa Díaz anunciou este domingo a presentación dunha serie de iniciativas para solicitar á Xunta os "mecanismos precisos" para evitar "discriminación de sexo" dos alumnos de Formación Profesional (FP) que fagan prácticas en empresas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2021 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

A deputada do PSdeG no Parlamento galego Noa Díaz anunciou este domingo a presentación dunha serie de iniciativas para solicitar á Xunta os "mecanismos precisos" para evitar "discriminación de sexo" dos alumnos de Formación Profesional (FP) que fagan prácticas en empresas.

Así o reclama a socialista despois de transcender o caso dunha alumna á que rexeitaron nas prácticas de fin de curso nunha firma por "non ter vestiarios para mulleres nin a vestimenta adecuada", segundo recolle o PSdeG nun comunicado.

Por mor deste caso, a deputada solicita ao Goberno galego que teña ferramentas "para corrixir calquera discriminación" e para "sancionar os incumprimentos" neste sentido. "É incrible que isto suceda no século XXI", remarcou Díaz.

Deste xeito, a parlamentaria do PSdeG, tamén a través de iniciativas no Parlamento, suxire á Xunta incluír "unha cláusula específica" nos convenios de prácticas en empresas para impedir que poidan ocorrer estes casos. Ao fío de todo iso, Díaz preguntar á Administración sobre "cantas queixas ou denuncias" por discriminación houbo por parte das alumnas "nos últimos 10 anos".

PROXECTOS AO PLAN DE RECUPERACIÓN

Por outra banda, o portavoz económico do Grupo Socialista no Parlamento, Juan Carlos Francisco, presentou unha iniciativa para esixir á Xunta que "nun prazo de tres días" remita á Cámara a listaxe dos 44 proxectos que o presidente, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a pasada semana que estaban xa presentados ao Plan Nacional de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno estatal.

Neste contexto, o PSdeG urxe ao Executivo galego a dar a coñecer estas iniciativas xunto á memoria sobre o impacto no emprego, no crecemento económico, na competitividade e na modernización de Galicia, dado "o entusiasmo" do presidente.

Ademais, Francisco incorpora nas súas iniciativas unha proposta para a "constitución urxente" dun relatorio parlamentario --con representación dos grupos, dos axentes sociais e das universidades-- que articule "unha posición de país" ao redor dos proxectos que deben ser prioritarios para a asignación dos fondos 'Next Generation'.

Finalmente, o deputado reclama á Xunta que habilite "de modo inmediato" os instrumentos para que os concellos poidan executar os fondos europeos, tal e como plevé o Plan Nacional de Recuperación.

A deputada do PSdeG no Parlamento galego Noa Díaz.. PSDEG
A deputada do PSdeG no Parlamento galego Noa Díaz.. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

é cousa miña ou parece que teñen presa en saber a cantas anda o Goberno en Galicia ? Claro que ninguén sabe ainda a cantas anda o Goberno de España ! Agás as baterías en Martorell para Volkswagen ! Por libre !

1 Gamela

Parece que Leiceaga tampouco ten demasiada información sobre o tema? https://youtu.be/M6XW-tHTTSw