O Sergas arrinca os trámites para aplicar a eutanasia en Galicia

Aseguran que traballan para facilitar o dereito aprobado polo Goberno central "de forma áxil".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2021 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

O director xeral de Asistencia Santiaria, Jorge Aboal, asegurou que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) traballa "nos procesos pertinentes" para "levar a cabo" o dereito á eutanasia e incluílo en "procesos de instrucións previas". Así o asegurou este xoves ao ser preguntado en rolda de prensa polas medidas que leva a cabo a Xunta de Galicia para garantir este dereito trala aprobación da lei orgánica no Congreso dos Deputados.

"Imos tratar de facilitar a todas as persoas que poidan, de forma áxil e máis accesible, poder avanzar en ter acceso e cumprimento a estas instrucións previas", sinalou. Con todo, o director xeral sinalou que, polo momento, non pode avanzar máis información sobre este asunto tendo en conta que a Xunta está "a traballar niso".

En concreto, en 2015 aprobouse no Parlamento de Galicia a lei galega sobre os dereitos de enfermos terminais, texto no que se incluíu a creación do Rexistro Galego de Instrucións Previas sobre Coidados.

Atención hospitalaria
Atención hospitalaria | Fonte: ATS - Europa Press - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta